Francisco Elvira Cuadrado

guerrilleiro antifranquista

Francisco Elvira Cuadrado, nado en Argecilla (Guadalaxara) en 1910 e finado o 27 de xullo de 1946, foi un militar e guerrilleiro antifranquista español.

Francisco Elvira Cuadrado
Nacemento1910
 Argecilla
Falecemento27 de xullo de 1946
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi militante do PCE, durante a Guerra Civil loitou co exército republicano e tras a guerra estivo preso no campo mineiro de Casaio ata que fuxiu en maio de 1944, pasando ao Barco de Valdeorras. Finalmente botouse ao monte converténdose no líder dos guerrilleiros comunistas e xefe militar da II Agrupación Guerrilleira. En marzo de 1945, nun intento de evitar a escisión entre comunistas e socialistas, accedeu ao Estado Maior da Federación de Guerrillas de León-Galicia, Elvira mostrouse en todo momento partidario da unidade entre os comunistas e os socialistas, intentando a reunificación do movemento guerrilleiro en Galicia. Morreu o 27 de xullo de 1946 nun avance da Garda Civil sobre o campamento no que se estaba a realizar o coñecido como Congreso da Reunificación.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. p. 171. ISBN 84-7507-320-4. 
  • Serrano, Secundino (2002). Maquis. Historia de la guerrilla antifranquista. Temas de Hoy.