Francisco Domínguez Romero

mestre e poeta galego

Francisco Domínguez Romero, nado en Ferrol en 1939 e finado en Santiago de la Ribera, Provincia de Murcia, en 2005, foi un mestre e poeta galego.

Infotaula de personaFrancisco Domínguez Romero
Biografía
Nacemento1939 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte2005 Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
Santiago de la Ribera, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado en Ferrol, de moi novo foi para Cartaxena, onde transcorreu parte da súa adolescencia. Cursou estudos de náutica en Cádiz e na Coruña; e tamén de maxisterio en Murcia. De volta en Galicia, residiu en Xinzo de Limia, e máis tarde en Corcubión, dedicado ao ensino. En Cartaxena publicou os seus primeiros poemarios bilingües ao abeiro do círculo intelectual da libraría Athenas. No Ourense dos anos sesenta, mantivo unha estreita relación, e, sobor de todo, unha fonda amizade cos escritores Carlos Casares e Antón Tovar. E xunto a eles participou, como poeta, nalgúns actos culturais e recitais de poesía. No ano 1965 tomou parte, en Barcelona, xunto a Celso Emilio Ferreiro e Xosé Luis Méndez Ferrín, nun ciclo de conferencias, lecturas e recitais poéticos. Unha boa parte da súa obra -poemas, artigos e comentarios- anda espallada en xornais e revistas. Foi membro das Redes Escarlata e colaborador da revista poética en rede. Publicou poemas en Dorna.

Obra editar

Poesía editar

  • Señales del Camino, Cartagena, 1971. (Poemario bilingüe)
  • Herrumbre de los Sueños, Murcia, 1983. (Poemario bilingüe)
  • 24 Poemas B.V.G, A Coruña, 2002.
  • Poemas. Antología, Ourense, 2010 (Escolma bilingüe)
  • Poemas de inverno. Follas Novas Edicións, Compostela, 2011

Obras colectivas editar

  • La Sierpe y el Laúd, Murcia, 1989.
  • Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía escarlata. Difusora de Letras, Artes e Ideas, Ourense, 2003
  • Sempre mar. Cultura contra a burla negra. Asociación Burla Negra, 2003

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar