Francisco Bustelo García del Real

Economista e político español

Francisco Bustelo García del Real, nado en Madrid o 12 de xaneiro de 1933, é un político español de orixe galega.

Infotaula de personaFrancisco Bustelo García del Real
Nome orixinal(es) Francisco Bustelo Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1933 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Reitor da Universidade Complutense de Madrid
1981 – 1983
← Ángel Vian OrtuñoAmador Schüller (pt) Traducir →
Deputado no Congreso dos Deputados
2 de xullo de 1977 – 2 de xaneiro de 1979

Circunscrición electoral: Pontevedra

Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Facultade de Dereito de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupacióneconomista , político , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid
Universidade de Valladolid
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español
Izquierda Unida Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisFrancisco Bustelo Vázquez Editar o valor em Wikidata  e Carlota García del Real Editar o valor em Wikidata
IrmánsCarlos Bustelo García del Real e Carlota Bustelo García del Real Editar o valor em Wikidata
ParentesLeopoldo Calvo Sotelo Bustelo (curmán)
Ana María Calvo-Sotelo Bustelo (pt) Traducir (curmán) Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Fillo de Francisco Bustelo Vázquez e Carlota García del Real, e neto de Ramón Bustelo González. Doutorouse en económicas na Universidade Complutense de Madrid e dereito na Sorbona de París. Entre 1967 e 1972 deu clases na Facultade de Económicas da Complutense e en 1972 logrou a cátedra de Historia Económica Mundial e de España na Universidade de Santiago de Compostela. Entrou na política durante os seus anos universitarios, foi un dos fundadores das Juventudes Socialistas[1], participou nas tentativas de rexurdimento do PSOE no interior, razón pola que pasou polo cárcere de Carabanchel, foi deportado no estado de excepción de 1969 á provincia de Teruel [2] e tivo que se exiliar en Francia e Suíza durante case sete anos[3]. No congreso do partido en Suresnes opúxose á elección de Felipe González como secretario xeral e ao abandono do marxismo, porén foi elixido membro da súa Comisión Executiva, dimitiu en 1976 por discrepancias coa dirección do seu partido. Foi membro do Comité Federal do PSOE e deputado pola provincia de Pontevedra (1977-1978) e senador por Madrid (1979-1982). Foi reitor da Universidade Complutense de Madrid (1981-1984).

En 1989 deixou o PSOE e ingresou[4] no PASOC partido integrante de Izquierda Unida. Por discrepancias con Julio Anguita deuse de baixa da coalición en 1996. No 2004 ingresou de novo no PSOE como militante de base.

Obras editar

  • Introducción al socialismo marxista, 1979.
  • Historia económica, 1994.
  • Introducción a la historia económica mundial y de España (siglos XIX-XX), 1996.
  • La izquierda imperfecta, 1996.
  • Quince ensayos de historia económica, 1999.
  • La historia de España y el franquismo, 2006.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar