Francisco Bustelo Bustelo

médico galego

Francisco Bustelo Bustelo, nado en Arca (O Pino) o 19 de marzo de 1885 e finado en Vigo o 5 de xaneiro de 1937, foi un médico galego.

Francisco Bustelo Bustelo
Nacemento19 de marzo de 1885
Lugar de nacementoArca
Falecemento5 de xaneiro de 1937
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Dolores Bustelo Freire. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1911.[1] A mediados dos anos dez trasladouse a Vigo onde foi médico da prisión da cidade. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 organizou con Fernando Lago Búa, inspector das prisións provincias de Pontevedra, unha trama para extorsionar aos presos do campo de concentración de San Simón facéndolles crer que estaban nas listas para “pasear” e que se lles entregaban unha cantidade de diñeiro, influirían para evitalo. Denunciados polo médico vigués José Ramón de Castro Rodríguez a Severiano Martínez Anido, foron detidos o 14 de novembro de 1936 cun colaborador, Cándido Barros Martínez. Xulgados en consello de guerra o 21 de decembro, Francisco Bustelo foi defendido por José Queizán Hermida.[2] Francisco e Lago Búa foron condenados a morte e executados o 5 de xaneiro de 1937.[3]

Vida persoal editar

Casou no Carballiño con Agripina Castro Fernández en xaneiro de 1912.[4]

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 9-7-1936, p. 5.
  2. El Pueblo Gallego, 22-12-1936, p. 2.
  3. El Ideal Gallego, 6-1-1937, p. 2.
  4. Gaceta de Galicia, 27-12-1911, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. p. 144. ISBN 978-84-8457-448-4. 

Ligazóns externas editar