Fernando Lago Búa
Fernando Lago Búa, nado en Pontevedra e finado en Vigo o 5 de xaneiro de 1937, foi un funcionario de prisións galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Pontevedra, España |
Morte | 5 de xaneiro de 1937 Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Membro dunha familia de carniceiros pontevedreses. Militante do Comunión Tradicionalista, ingresou por oposición no corpo de seguridade interior de prisións en 1934. Foi árbitro de fútbol, e ocupou o cargo de vicepresidente do colexio galego en 1935.
Destinado no penal de El Dueso, en setembro de 1936 foi nomeado inspector das prisións provinciais de Pontevedra. Organizou un sistema de donativos destinados a remediar as carencias do elevado número de presos e co médico de prisións Francisco Bustelo Bustelo organizou unha trama para extorsionar aos presos do campo de concentración de San Simón facéndolles crer que estaban nas listas para “pasear” e que se lles entregaban unha cantidade de diñeiro, influirían para evitalo.[1] Denunciados polo médico vigués José Ramón de Castro Rodríguez a Severiano Martínez Anido, foron detidos o 14 de novembro de 1936 cun colaborador, Cándido Barros Martínez. Xulgados en consello de guerra o 21 de decembro, os dous líderes da trama foron condenados a morte.[2]
Notas editar
- ↑ Álvarez Castro, Xosé (13 de xuño de 2014). "O caso Lago Búa". Os anos do medo.
- ↑ El Ideal Gallego, 6-1-1937, p. 2.