François Joseph Cantraine
François Joseph Cantraine, nado o 1 de decembro de 1801 en Ellezelles, provincia de Hainaut, e finado o 22 de decembro de 1868 en Gante, foi un zoólogo belga especializado no estudo da bioloxía mariña.
François Joseph Cantraine | |
---|---|
Nacemento | 1 de decembro de 1801 e 1801 |
Lugar de nacemento | Ellezelles, provincia de Hainaut, Bélxica |
Falecemento | 22 de decembro de 1861 e 1863 |
Lugar de falecemento | Gante |
Nacionalidade | belga |
Alma máter | State University of Leuven |
Ocupación | zoólogo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Primeiros anos Editar
Nacido o 1 de decembro de 1801 en Ellezelles, Hainaut (daquela no departamento de Jemmapes, da República francesa, e desde 1815 no Reino Unido dos Países Baixos), no seo dunha familia de agricultores. Comezou a súa instrución cun mestre privado na cidade de Ath (Hainaut), e continuou os seus estudos en Saint-Sauveur. En 1816 pasou ao Colexio comunal de Ath.[1] Aínda que o seu pai pensaba que se destinara á carreira eclesiástica, estudou só uns anos no seminario de Tournai. Recibiu unha bosa de estudos do goberno dos Países Baixos para entrar na Universidade de Lovaina onde estudou matemáticas, sen o apoio financeiro da súa familia.[2]
En Lovaina e Leiden Editar
En 1823 Anton-Reinhard Falck suxiriulle que se postulara para unha praza de preparador de Historia natural na Universidade. Foi a Leiden para coñecer as súas novas funcións e apasiónase pola zooloxía. O 17 de xaneiro de 1827 participou nunha gran viaxe de observacións e informacións sobre as aves para o goberno. Durante 6 anos percorrería Italia, Dalmacia e as illas circundantes, reunindo gran número de exemplares que entregou ao Museo de Historia Natural de Leiden.[1]
En Italia Editar
En 1827, como quedou dito, viaxou a Italia, para recolectar material zoolóxico para Temminck e o Museo de Historia Natural de Leiden. Permaneceu en Sicilia entre 1832 e 1833,[3] ano en que deixou Italia levando extensas coleccións de crustáceos e moluscos, pero tamén de aves e outros vertebrados.[4]
Durante a súa estancia en Italia (1827-1833) recolectou importante material carcinolóxico, especialmente do mar Adriático.[5]
De volta a Bélxica Editar
En 1833 acadou o grao de doutor en Ciencias en Lovaina e, en 1835 foi nomeado polo goberno belga para ocupar a cátedra de Zooloxía e Anatomía comparada na Universidade de Gante. Pierre-Joseph van Beneden, que ocupara o posto previamente foi nomeado para a Universidade de Lovaina.[2] En 1848 foi sucedido na cátedra de Anatomía comparada por Charles Poelman, dedicándose entón á cadeira de Xeoloxía, aumentando as coleccións da Universidade.
O 15 de decembro de 1835 foi nomeado membro correspondente da Real Academia das Ciencias e as Belas Letras de Bruxelas, sendo nomeado numerario da douta institución o 15 de decembro de 1836.[2] En 1843 presentouse en Ath como candidato á cámara de representantes.<regf name=DK/> A finais de 1845, o rei dos Países Baixos galardoono coa Grand-Croix de l'Ordre Grand-Ducal de la Couronne de Chêne para recompensar os seus antigos e leais servizos. En 1852, o rei Leopoldo II nomeono cabaleiro de dita orde.
En 1859 converteuse en profesor emérito. Foi membro de varias sociedades científicas e, entre outros cargos, foi o sucesor de F. P. Cassel (1784–1821) no Museo de Zooloxía da Universidade de Gante. O profesor Cantraine comprou parte da famosa colección de peixes de Risso en 1844. Lamentabelmente esta colección, así como outros exemplares, desapareceron durante a ocupación alemá na segunda guerra mundial.
Faleceu en Gante o 22 de decembro de 1863.
Publicacións Editar
Publicou os seus traballos nos boletíns da Académie royale des Sciences et Belles-Lettres de Bruxelles, entre eles varias memorias sobre os moluscos viventes e fósiles e os peixes, entre os que cabe destacar:
- "Mémoire sur un poisson nouveau trouvé dans le canal de Messine", en Nouveaux mémoires de l’Académie Royale des Sciences et Belles-Lettres de Bruxelles, t. 10, Bruxelles: M. Hayez, 1837, p. 1-20.
- "Mémoire sur le Serranus tinca", en Nouveaux mémoires de l’Académie Royale des Sciences et Belles-Lettres de Bruxelles, t. 11, Bruxelles: M. Hayez, 1838, p. 1-10.
- "Malacologie méditerranéenne et littorale, ou description des mollusques qui vivent dans la Méditerranée ou sur le continent de l'Italie, ainsi que des coquilles qui se trouvent dans les terrains tertiaires italiens; avec des observations sur leur anatomie, leurs moeurs, leur analogie et leur gisement", en Nouveaux mémoires de l’Académie Royale des Sciences et Belles-Lettres de Bruxelles, t. 13, Bruxelles: M. Hayez, 1841, p. 1-176. (Quizais o seu traballo máis importante).
- Con Charles-François-Antoine Morren e Michel-Edmond baron de Selys Longchamps, "Observations zoologiques, faites à Liège, par M. Ch. Morren et M. le baron Selys Longchamps, et à Gand par M. le professeur Cantraine", en Nouveaux mémoires de l’Académie Royale des Sciences et Belles-Lettres de Bruxelles, t. 15, Bruxelles: M. Hayez, 1842, p. 21-22.
Taxons descritos Editar
Cantraine foi o descritor de diversos taxa, entre eles:
- Pleurobranchus testudinarius Cantraine, 1835 (unha especie de molusco gasterópodo).[6][7][8]
- Doris tricolor Cantraine, 1835, hoxe clasificada como Felimare tricolor (Cantraine, 1835) (unha especie de molusco gasterópodo).[8][9]
- Doris ramosa Cantraine, 1835, hoxe clasificada como Kaloplokamus ramosus (Cantraine, 1835) (especie de molusco opistobranquio).[10]
- Argonautoidea Cantraine, 1841 (unha superfamilia de moluscos cefalópodos).[11]
Abreviatura Editar
A abreviatura Cantraine emprégase para recoñecer a François Joseph Cantraine como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 De Konink, Laurent, "Notice sur la vie et les travaux de François-Joseph Cantraine", en Annuaire de l’Académie royale de Belgique, t. 35, Bruxelles, 1869, pp. 101-120.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Kickx, Jean, "François-Joseph Cantraine, Paroles prononcées sur sa tombe", no Annuaire de l’Académie royale de Belgique, t. 32, Bruxelles, 1864, pp. 154-156.
- ↑ Fransen, C. H. J. M.; L. B. Holtius & J. P. H. M. Adema (1997): "Type-catalogue of the Decapode Crustacea in the collections of the National Natuurhistorischa Museum, with appendices of the pre-1900 collectors and material" Zool. Verth. Leiden 311: 1-344.
- ↑ C. Quaisser & R. W. R. J. Dekker (2008): "Taxonomic identity and lectotype designation of Falco reinwardtii Schlegel & Müller, 1841; Buteo capensis Temminck & Schlegel, 1844; Ptilopus humeralis iobiensis Schlegel, 1873 and Hirundo rufula Temminck, 1835" Zoologische Mededelingen, 82.
- ↑ Truestadel, Frank (1993): History of Carcinology. Rotterdam, Netherlands: A. A. Balkema Publishers. ISBN 90-5410-1377.
- ↑ Pleurobranchus testudinarius Cantraine, 1835 no WoRMS.
- ↑ Pleurobranchus testudinarius en GBIF Backbone Taxonomy.
- ↑ 8,0 8,1 Cantraine F. J. (1835): "Diagnoses ou descriptions succinctes de quelques espèces nouvelles de mollusques". Bulletin de l'Académie Royale des Sciences et Belles-lettres de Bruxelles 2 (11): 380-411.
- ↑ Felimare tricolor (Cantraine, 1835) no WoRMS.
- ↑ Kaloplokamus ramoasus Arquivado 04 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine. en OPK-Opistobranquis.
- ↑ Argonautoidea Cantraine, 1841 no WoRMS.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Cantraine, François-Joseph (1801-1868) Biografía.