Ellezelles
Coordenadas: 50°44′00″N 3°41′00″L / 50.73333, -3.68333
Ellezelles (en neerlandés, Elzele; en picardo, Elziele) é unha pequena vila e un municipio situado no corazón do chamado Pays des Collines, na Rexión de Valonia, Provincia de Hainaut, Bélxica.

XeografíaEditar
O concello abarca unha superficie de 44,69 km² e contaba, segundo o censo do 1 de marzo de 2016, cunha poboación de 5.975 habitantes (2.937 homes e 3.038 mulleres), polo que nese ano a súa densidade de poboación era de 133,70 hab/km².[1]
A vila dista 25 km de Tournai e 50 km de Bruxelas.
Nos arredores da vila encóntrase o Parc Naturel des Collines.
Evolución demográficaEditar
A seguinte gráfica mostra a evolución da poboación residente o 1 de xaneiro de cada ano.[2]

Nota: as cifras dos anos 1846, 1900 e 1947 comprenden as cifras dos antigos cocellos fusionados.
HistoriaEditar
O municipio comprende as localidades de Ellezelles, La Hamaide e Wodecq. Limítrofe coa Rexión de Flandres, existe unha minoría de habitantes de fala neerlandesa.
Ellezelles é coñecida por ser, supostamente, o lugar de nacemento do popular detective Hércules Poirot, creado pola escritora británica Agatha Christie.[3]
NotasEditar
- ↑ Goberno de Béxica. Estatísticas.
- ↑ 3_Population_de_droit_au_1_janvier,_par_commune,_par_sexe_2011_2014_G_tcm326-194205 Datos da páxina web do Service Public Fédéral Intérieur.
- ↑ "Hercule Poirot". ellezelles.be. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2017. Consultado o 05 de outubro de 2018.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ellezelles |