Frédéric Cuvier
Frédéric Cuvier, nado o 28 de xuño de 1773 en Montbéliard, Doubs, Franco Condado (Francia), e finado o 24 de xullo de 1838 en Estrasburgo, foi un paleontólogo, zoólogo e botánico francés.
Frédéric Cuvier | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 28 de xuño de 1773 |
Lugar de nacemento | Montbéliard |
Falecemento | 24 de xullo de 1838 |
Lugar de falecemento | Estrasburgo |
Nacionalidade | Francia |
Ocupación | botánico, paleontólogo, físico, zoólogo e profesor universitario |
Fillos | Frédéric Cuvier |
Irmáns | Georges Cuvier |
Premios | Foreign Member of the Royal Society |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Era o irmán máis novo de Georges Cuvier.[1]
Traxectoria editar
Foi coidador xefe da gardaría de animais do Museo Nacional de Historia Natural de Francia en París, de 1804 a 1838.
A partir de 1816 dirixiu o Dictionnaire des sciences naturelles.
En 1835 foi elixido membro estranxeiro da Royal Society de Londres.
En 1837 creou a sección de "Fisioloxía comparada" no Museo de Historia Natural de París.
Foi mencionado por Charles Darwin en A orixe das especies (capítulo VII), por ter traballado no estudo do comportamento dos animais e o instinto, en especial a distinción entre o hábito e o instinto.
Tamén se menciona en Moby Dick (capítulo 32) por ter escrito sobre as baleas.
Entre outras moitas especies, describiu e deulle o nome científico ao panda vermello (Ailurus fulgens) en 1821.
Evolución editar
Cuvier foi descrito como o primeiro científico en utilizar os termos "héréditaire" (hereditario) en 1807 e "hérédité" en 1812 no seu contexto biolóxico. Utilizou ámbalas dúas para promover a herdanza das características adquiridas baseándose nos seus estudos sobre o comportamento animal.[1][2]
Malia ser un defensor da herdanza das características adquiridas, ao igual que o seu irmán negou a transmutación de especies,[3] cría que os patróns de comportamento dos animais cambian co paso do tempo en relación ás necesidades inducidas polo medio ambiente. O historiador Robert J. Richards escribiu que Cuvier "non cría que os patróns anatómicos das especies fosen modificados co paso do tempo, aínda que admitiu que cambiaron de formas non esenciais a través da herdanza das características adquiridas... Era un evolucionista do comportamento, aínda que modesto".[3]
Algunhas publicacións editar
- 1819-1842. Frédéric Cuvier, Étienne Geoffroy Saint-Hilaire. Histoire naturelle des mammifères. 4 vols.
- 1825. Des Dents des mammifères considérées comme caractères zoologiques
- 1836. De l'Histoire naturelle des cétacés, ou Recueil et examen des faits dont se compose l'histoire naturelle des animaux. 2 vols.
Abreviaturas editar
- A abreviatura F. Cuvier emprégase para indicar a Frédéric Cuvier como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.
- A abreviatura F. Cuvier emprégase para indicar a Frédéric Cuvier como autoridade na descrición e clasificación científica en zooloxía.
Notas editar
Véxase tamén editar
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Frédéric Cuvier |
Bibliografía editar
- Burkhardt, R. W. (2011). "Lamarck, Cuvier, and Darwin on Animal Behavior". En Gissis, Snait B.; Jablonka, Eva. Transformations of Lamarckism: From Subtle Fluids to Molecular Biology (en inglés). MIT Press. pp. 33–44. ISBN 9780262015141.
- Burkhardt, Jr., Richard W. (1 de agosto de 2013). "Lamarck, Evolution, and the Inheritance of Acquired Characters". Genetics (en inglés) 4 (1): 793–805. ISSN 0016-6731. PMC 3730912. PMID 23908372. doi:10.1534/genetics.113.151852.
- Richards, Robert J. (1987). Darwin and the Emergence of Evolutionary Theories of Mind and Behavior (en inglés). Chicago: University of Chicago Press. ISBN 0-226-71200-1.