Fosfolipase C
A fosfolipase C (PLC) é un tipo de encimas que cliva os fosfolípidos xusto antes do grupo fosfato unido ao terceiro residuo (ver figura) que forma a cabeza polar do fosfolípido. Hai un encima humano deste tipo, que xoga un importante papel na fisioloxía da célula eucariota, en especial nas vías de transdución de sinais. Nos mamíferos atopáronse trece tipos de fosfolipase C, clasificadas en seis isotipos (β, γ, δ, ε, ζ, η) segundo a súa estrutura.
Variantes de mamíferos
editar- beta: PLCB1, PLCB2, PLCB3, PLCB4
- gamma: PLCG1, PLCG2
- delta: PLCD1, PLCD3, PLCD4
- epsilon: PLCE1
- eta: PLCH1, PLCH2
- zeta: PLCZ1
- similares á fosfolipase C: PLCL1, PLCL2
Activación
editarOs receptores que activan esta vía son principalmente receptores acoplados á proteína G acoplados á subunidade Gαq, entre os que están:
- Receptores serotoninérxicos 5-HT2
- Receptores adrenérxicos α1 (Alfa-1)[1]
- Receptores da calcitonina
- Receptores de histamina H1
- Receptores de glutamato metabotrópicos, Grupo I
- Receptores muscarínicos M1, M3, e M5
- Receptor da hormona liberadora tiroide na glándula pituitaria anterior.
Outros activadores menores son ademais de Gαq son:
- Quinase MAP. Entre os activadores desta vía están PDGF e FGF.[1]
- Complexo βγ de proteínas G heterotriméricas, como unha vía menor da liberación de hormona do crecemento pola hormona liberadora da hormona do crecemento.[2]
Efectos
editarA PLC cliva o fosfolípido fosfatidilinositol 4,5-bisfosfato (PIP2) producindo diacilglicerol (DAG) e inositol 1,4,5-trisfosfato (IP3). O DAG permanece unido á membrana, e o IP3 libérase como molécula soluble no citosol. O Despois, o IP3 difunde polo citosol, para finalmente unirse a un receptor de IP3, especialmente canles de calcio do retículo endoplasmático liso. Isto causa que a concentración citosólica de calcio se incremente, causando unha fervenza de cambios intercelulares e actividades.[3] Ademais, o calcio e o DAG xuntos traballan activando a proteína quinase C, que seguidamente fosforila outras moléculas, o que leva a alterar a actividade celular.[3] End-effects include taste, tumor promotion, etc.[3]
Ademais, a fosfolipase C xoga un importante papel na vía inflamatoria. A unión dos antagonistas como a trombina, epinefrina, ou coláxeno, aos receptores de superficie das plaquetas pode desencadear a activación da fosfolipase C para catalizar a liberación de ácido araquidónico de dous importantes fosfolípidos de membrana, o fosfatidilinositol e a fosfatidilcolina. O ácido araquidónico pode despois entrar na vía da ciclooxixenase (producindo prostoglandinas (PGE1, PGE2, PGF2), prostaciclinas (PGI2), ou tromboxanos (TXA2)), e na vía da lipoxixenase (producindo leucotrienos (LTB4, LTC4, LTD4, LTE4).
Noutros organismos
editarIdentificáronse outros encimas fosfolipase C, algúns en bacterias e en tripanosomas, cada un co seu propio número EC, como son:
- Fosfoinosítido fosfolipase C EC 3.1.4.11. É a forma principal en eucariotas, especialmente en mamíferos.
- Familia da fosfolipase C dependente de zinc de encimas bacterianos EC 3.1.4.3, que inclúe as alfa toxinas de Clostridium perfringens (tamén chamada lecitinase), Pseudomonas aeruginosa, e Staphylococcus aureus.
- Fosfatidilinositol diacilglicerol-liase EC 4.6.1.13. Outro encima bacteriano relacionado.
- Glicosilfosfatidilinositol diacilglicerol-liase EC 4.6.1.14. Un encima de tripanosomas.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Walter F., PhD. Boron (2003). Medical Physiology: A Cellular And Molecular Approaoch. Elsevier/Saunders. p. 1300. ISBN 1-4160-2328-3. Page 104
- ↑ GeneGlobe -> GHRH Signaling Arquivado 27 de marzo de 2020 en Wayback Machine. Retrieved on May 31, 2009
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Alberts B, Lewis J, Raff M, Roberts K, Walter P (2002). Molecular biology of the cell (4th ed.). New York: Garland Science. ISBN 0-8153-3218-1.