Fosfolipase
As fosfolipases son unha clase de encimas que hidrolizan os enlaces éster presentes nos fosfolípidos. Os produtos resultantes da reacción poden ser ácidos graxos que estaban unidos ao glicerol do fosfolípido, ou outros compoñentes do fosfolípido, dependendo do punto da molécula onde rompan o enlace.
Clasificación
editarDependendo do enlace éster que escinden clasifícanse como A1, A2, B, C ou D. As fosfolipases C e D son consideradas fosfodiesterases.
Fosfolipase A1
editarAs fosfolipases A1 (PLA1) hidrolizan o enlace éster entre o primeiro acilo e o glicerol.[1]
Fosfolipase A2
editarAs fosfolipases A2 (PLA2) hidrolizan o enlace éster entre o segundo acilo e o glicerol.[1] Libera o ácido graxo ácido araquidónico e lisofosfolípido.
Fosfolipase B
editarAs fosfolipases B (PLB) hidrolizan o enlace éster do primeiro acilo e o do segundo co glicerol.
Fosfolipase C
editarAs fosfolipases C (PLC) hidrolizan o enlace éster entre o glicerol e o grupo fosfato.[1] Como cortan o enlace antes do fosfato liberan diacilglicerol e o conxunto fosfato-cabeza polar. Son importantes na transdución de sinais na célula, xa que liberan o segundo mensaxeiro inositol trifosfato.
Fosfolipase D
editarAs fosfolipases D (PLD) hidrolizan o enlace éster entre o fosfato e o grupo variable.[1] Cortan o enlace despois do fosfato, polo que liberan ácido fosfatídico e un alcohol da cabeza polar do fosfolípido.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Lodish, Berk, Matsudaira, Kaiser, Krieger, Scott, Zipursky, Darnell (2005). Panamericana, ed. "Biología Celular y Molecular (5ª edición)" (en castelán). ISBN 950-06-1374-3.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fosfolipase |
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Tappia, Paramjit S. & Dhalla, Naranjan S. (Editors): Phospholipases in Health and Disease. Springer, 2014. ISBN 978-1-4939-0463-1 [libro impreso]; ISBN 978-1-4939-0464-8 [libro electrónico]
Outros artigos
editarLigazóns extrernas
editar- Phospholipases Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.