Focílides de Mileto

Focílides o Milesio (Φωκυλίδης ὁ Μιλήσιος, nado ca. 560 a.C., foi un poeta gnomónico grego de Mileto, contemporáneo de Teognis de Megara.

Focílides de Mileto
Nacemento560 a. C.
Lugar de nacementoMileto
Falecementoséculo VI a. C.xuliano
NacionalidadeMileto
Ocupaciónpoeta, epigrammatist e elegist
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Focílides viviu na segunda metade do século VI a.C. na cidade de Gravunka. Escribiu máximas, literatura sentenciosa ou gnómica en grupos de dous ou tres hexámetros e algunha vez en dístico elexíaco. A súa poesía aproxímase pois ao epigrama, pero tamén á elexía; imita claramente a Semónides de Amorgos nos seus prexuízos misóxinos, pero segue tamén a Hesíodo. Estima que a palabra e o consello son superiores á nobreza e aspira á riqueza do campo e a unha cidade ordenada aínda que sexa pequena. Pertence, pois, á burguesía que xurdía nas cidades de Xonia nesta época e que carecía de ambicións políticas. Da súa obra non queda moito, pois non alcanzou a ter unha edición alexandrina, pero foi coñecido por Isócrates e en época imperial (Dión Crisóstomo). Deuse o seu nome a un poema didáctico que hoxe coñecemos por Pseudo-Focílides, que é en realidade do século I e posúe influencias xudías [1].

Moitas de tales pezas conteñen máximas de conduta e doutrina moral, e inícianse coa frase: "E isto, de Focílides", coma se con iso quixese deixar para sempre establecido que el foi o seu autor. Polo seu estilo elegante e sobrio, é seguro que as súas máximas foron aprendidas facilmente de memoria, cousa que debe de haberlle gañado popularidade nas escolas. Falsamente atribuíuselle un conxunto de normas escritas en 230 hexámetros; obra, segundo todas as posibilidades, dalgún alexandrino hebreo.

NotasEditar

  1. Este poema foi traducido ao español polo escritor barroco Francisco de Quevedo

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • VV. AA., Historia de la literatura griega. Madrid: Cátedra, 1988. (en castelán)
  • Bonifaz Nuño, Rubén, Antología de la Lírica Griega. Nuestros Clásicos nº 71. UNAM. México 1988, p. 59-64 (en castelán)

Ligazóns externasEditar

  • Sentenzas de Focílides.