Dión Crisóstomo

filósofo grego

Dión Crisóstomo (Δίων Χρυσόστομος), Dión de Prusa ou Dión Cocceio, nado en Prusa (hoxe Bursa, Turquía) ca. 40 e finado ca. 120, foi un orador, escritor, filósofo e historiador grego do Imperio romano que floreceu no século I. Consérvanse oitenta dos seus Discursos[1]. O seu sobrenome Χρυσόστομος significa en grego literalmente «boca de ouro».

Infotaula de personaDión Crisóstomo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 40 Editar o valor em Wikidata
Bursa (Imperio Romano) Editar o valor em Wikidata
Mortec. 120 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, Estoicismo e Retórica Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Grecia antiga Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónorador , filósofo , escritor Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
AlumnosFavorino (pt) Traducir e Polemon de Laodiceia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Prusa, (actual Bursa), na provincia romana de Bitinia (actualmente parte do noroeste de Turquía). A súa data de nacemento considérase comprendida entre o 40 e o 45. Converteuse nun cínico e un estoico, e considéraselle parte da segunda escola sofista de filósofos gregos. Aparentemente viviu en Roma durante o reinado de Tito, pois escribiu sobre unha escandalosa relación que o emperador tivo co púxil Melancomas. Foi crítico co emperador Domiciano, quen o expulsou de Roma, Italia e Bitinia no 82 por aconsellar a un dos seus parentes conspiradores. Durante o seu exilio aparentemente viaxou amplamente polo Imperio, a miúdo vestido con farrapos e realizando labores manuais. Despois de que Domiciano fose asasinado no 96, dise que Dión falou a un campamento de tropas romanas amotinadas e persuadiunos para que aceptasen a vontade do pobo romano. Baixo o reinado do emperador Nerva terminou o seu exilio e adoptou máis tarde o apelido Cocceio paia honrar o apoio prestado por el, cuxo nome completo era Marco Cocceio Nerva. Tras a morte de Nerva fíxose amigo íntimo do emperador Traxano. Nos seus últimos anos Dión regresou a Prusa, onde aparentemente tivo certo status, pois hai rexistros da súa participación nun preito sobre renovación urbana sobre o 111. Crese que morreu algún tempo despois de 112, posibelmente entre 115 e 120.

Os seus Discursos cobren un amplo rango de temas e parecen ser versións escritas das súas charlas. Algúns destes poden ser preparados para representalos a Traxano en ocasións especiais. Os temas inclúen a monarquía, o estilo de vida de Dióxenes de Sinope, o vicio e a virtude, a liberdade, a escravitude, a riqueza, a avaricia, a guerra, a hostilidade e a paz, o bo goberno e outras cuestións morais. Tamén razoou fortemente contra permitir a prostitución.

Foi contemporáneo de Plutarco, Tácito e Plinio o Novo. Aínda que non escribiu sobre os cristiáns como tales, a súa filosofía foi considerada un paralelo moral coa de Paulo de Tarso, e indica que os primeiros gregos cristiáns recorreron ás filosofías cínica e estoica cando desenvolvían a súa fe. Sendo un estoico, tamén avogaba por vivir de acordo coa natureza e levar unha vida sinxela.

Non debe confundirse con Dión Casio, neto seu, que tamén foi un historiador dos romanos, nin co bispo do século IV Xoán Crisóstomo de Antioquía.

Notas editar

  1. Dión Crisóstomo: Discursos.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  1. Discursos I-XI. Intr., trad. y notas de G. Morocho Gayo. Rev.: J. P. Oliver Segura. ISBN 9788424912659. 
  2. Discursos XII-XXXV. Intr., trad. y notas de G. del Cerro Calderón. Rev.: A. Pérez Jiménez. ISBN 9788424913885. 
  3. Discursos XXXVI-LX. Intr., trad. y notas de G. del Cerro Calderón. Rev.: H. Rodríguez Somolinos. ISBN 9788424918453. 
  4. Discursos LXI-LXXX. Intr., trad. y notas de Gonzalo del Cerro Calderón. ISBN 9788424922580. 
  • E. Amato, Xenophontis imitator fidelissimus. Studi su tradizione e fortuna erudite di Dione Crisostomo tra XVI e XIX secolo, Alessandria: Edizioni dell'Orso, 2011.
  • E. Amato, Traiani Praeceptor. Studi su biografia, cronologia e fortuna di Dione Crisostomo, Besançon: PUFC, 2014.
  • Deu von Prusa. Der Philosoph und sein Bild [Discourses 54-55, 70-72], ed. by H.-G. Nesselrath, introduction, critical edition, commentary, translation, and essays by E. Amato et ao., Tübingen: 2009.

Ligazóns externas editar

{{ORDENAR:Dión Crisóstomo}