Filmes propostos ó mellor filme internacional na 65ª edición dos Óscar

artigo de listas da Wikimedia

Os seguintes 33 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 65ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa.[1] Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Bélxica, Alemaña, Francia, Rusia e o Uruguai. O galardón recaeu sobre Francia, co filme Indochine.[2]

Régis Wargnier, director do filme gañador

O filme Un lugar en el mundo presentado polo Uruguai, foi descualificado logo de seren anunciados os nomeamentos a comezos de 1993, xa que se descubriu que o filme tiña unha produción maioritariamente arxentina cunha achega mínima de uruguaios. Estonia, Casaquistán, Letonia e Rusia participaron por vez primeira. Malia ser descualificado o ano anterior por non ter recoñecemento internacional como país, Croacia presentou un filme aceptado pola academia por vez primeira.

Propostas editar

País Título Lingua(s) Director(es) Resultado
  Alemaña Schtonk! Alemán Helmut Dietl
Nomeado
  Arxentina El lado oscuro del corazón Castelán Eliseo Subiela Non nomeado
  Austria Benny's Video Alemán Michael Haneke Non nomeado
  Bélxica Daens Neerlandés e francés Stijn Coninx
Nomeado
  Canadá Léolo Francés Jean-Claude Lauzon Non nomeado
  Casaquistán Gibel Otrara Casaco, mandarín e mongol Ardak Amirkulov Non nomeado
  China Qiu Ju da guan si Chinés Zhang Yimou Non nomeado
  Croacia Priča iz Hrvatske Croata Krsto Papić Non nomeado
  Cuba Adorables mentiras Castelán Gerardo Chijona Non nomeado
  Dinamarca Sofie Dinamarqués Liv Ullmann Non nomeado
  España El maestro de esgrima Castelán Pedro Olea Non nomeado
  Estonia Need vanad armastuskirjad Estoniano Mati Põldre Non nomeado
  Francia Indochine Francés Régis Wargnier Premio da Academia
  Hungría Édes Emma, drága Böbe - vázlatok, aktok Húngaro István Szabó Non nomeado
  India Thevar Magan Támil Bharathan Non nomeado
  Indonesia Bibir Mer Indonesio Arifin C. Noer Non nomeado
  Islandia Svo á jörðu sem á himni Islandés Kristín Jóhannesdóttir Non nomeado
  Israel Life According to Agfa Hebreo Assi Dayan Non nomeado
  Italia Il Ladro di Bambini Italiano Gianni Amelio Non nomeado
  Letonia Cilvēka bērns Letón Jānis Streičs Non nomeado
  México Como agua para chocolate Castelán Alfonso Arau Non nomeado
  Noruega Krigerens hjerte Noruegués Leidulv Risan Non nomeado
  Países Baixos De Noorderlingen Neerlandés Alex van Warmerdam Non nomeado
  Polonia Wszystko, co najważniejsze Polaco Robert Gliński Non nomeado
  Portugal O dia do desespero Portugués Manoel de Oliveira Non nomeado
  Romanía Hotel de Lux Romanés Dan Pița Non nomeado
  Rusia Close to Eden Ruso Nikita Mikhalkov
Nomeado
  Suecia Änglagård Sueco Colin Nutley Non nomeado
  Suíza Hors saison Francés Daniel Schmid Non nomeado
  Taiwán Peach Blossom Land Chinés Stan Lai Non nomeado
  Turquía Piano Piano Bacaksız Turco Tunç Başaran Non nomeado
  Uruguai Un lugar en el mundo Castelán Adolfo Aristarain Descualificado
  Xapón The Oil-Hell Murder Xaponés Hideo Gosha Non nomeado

Notas editar

  1. "Foreign Oscar entries submitted". Variety. Consultado o 15 de setembro de 2015. 
  2. "The 65th Academy Awards (1993) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 19 de setembro de 2015.