Filmes propostos ó mellor filme internacional na 44ª edición dos Óscar

artigo de listas da Wikimedia

Os seguintes 20 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 44ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Israel, Italia, o Xapón, Suecia e a Unión Soviética. O galardón recaeu sobre Italia, co filme Il giardino dei Finzi-Contini, un drama sobre unha familia xudía en Italia.[1]

Vittorio De Sica, director do filme gañador.

Bulgaria e o Canadá presentaron filmes por vez primeira para a súa consideración.

Propostas editar

País Título Lingua(s) Director(es) Resultado
  Alemaña Occidental Das Schloß Alemán Rudolf Noelte Non nomeado
  Brasil Pra Quem Fica, Tchau Portugués Reginaldo Faria Non nomeado
  Bulgaria Taralezhite se razhdat bez bodli Búlgaro Dimitar Petrov Non nomeado
  Canadá Mon oncle Antoine Francés Claude Jutra Non nomeado
  Dinamarca Den forsvundne fuldmægtig Dinamarqués Gert Fredholm Non nomeado
  España Marta Castelán José Antonio Nieves Conde Non nomeado
  Exipto Imra'ah wa ragoul Árabe Houssam Eddine Mostafa Non nomeado
  Francia Remparts d'argile Francés Jean-Louis Bertuccelli Non nomeado
  Hungría Szerelem Húngaro Károly Makk Non nomeado
  India Reshma Aur Shera Hindi Sunil Dutt Non nomeado
  Israel Hashoter Azulai Hebreo Ephraim Kishon
Nomeado
  Italia Il giardino dei Finzi-Contini Italiano Vittorio De Sica Premio da Academia
  Iugoslavia Crno seme Macedonio Kiril Cenevski Non nomeado
  México El topo Castelán Alejandro Jodorowsky Non nomeado
  Países Baixos Mira Neerlandés Fons Rademakers Non nomeado
  Polonia Życie rodzinne Polaco Krzysztof Zanussi Non nomeado
  Romanía Mihai Viteazul Romanés Sergiu Nicolaescu Non nomeado
  Suecia Utvandrarna Sueco Jan Troell
Nomeado
  Unión Soviética Chaikovskii Ruso Igor Talankin
Nomeado
  Xapón Dodes'ka-den Xaponés Akira Kurosawa
Nomeado

Notas editar

  1. oscars.org (ed.). "The 44th Academy Awards (1972) Nominees and Winners". Consultado o 27 de novembro de 2011.