Filmes do Reino Unido propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

artigo de listas da Wikimedia

O Reino Unido presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] de xeito irregular dende o ano 1991. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4] O Reino Unido ten unha das industria cinematográficas máis visibles e os seus filmes, actores, actrices e equipo teñen un lugar destacado entre os nomeados ós Óscar dende a década de 1930. Porén, a gran maioría dos filmes británicos non son elixibles nesta categoría por estar producidos en inglés.

Jonathan Glazer, director de The Zone of Interest (2023), o primeiro filme británico en recibir o Óscar ó mellor filme internacional.

Até o ano 2023, o Reino Unido presentou vinte filmes para a consideración da Academia dos Óscar, chegando a gañar The Zone of Interest (2023) e a ser nomeados dous deles. Moitos dos filmes foron rodados por directores de Gales, e foron parcial ou completamente rodados en lingua galesa.

Os candidatos británicos son escollidos pola British Academy of Film and Television Arts (BAFTA).[5]

Propostas editar

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[6] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou o Reino Unido para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Lingua(s) Director Resultado
1991
(64ª)
Lost in Siberia Ruso e inglés Mitta, AlexanderAlexander Mitta Non nomeado
1993
(66ª)
Hedd Wyn Galés Turner, PaulPaul Turner
Nomeado
1995
(68ª)
Branwen Galés, irlandés e inglés Sherlock, CeriCeri Sherlock Non nomeado
1998
(71ª)
Cameleon Galés Sherlock, CeriCeri Sherlock Non nomeado
1999
(72ª)
Solomon a Gaenor Galés e inglés Morrison, PaulPaul Morrison
Nomeado
2001
(74ª)
Oed Yr Addewid Galés e inglés Williams, EmlynEmlyn Williams Non nomeado
2002
(75ª)
Eldra Galés e inglés Lyn, TimTim Lyn Non nomeado
2008
(81ª)
Hope Eternal Bemba, galés, inglés
francés, afrikaans e suahili
Francis, KarlKarl Francis Non nomeado
2009
(82ª)
Afghan Star Dari, paxto e inglés Marking, HavanaHavana Marking Non nomeado
2011
(84ª)
Patagonia[7] Galés e castelán Evans, MarcMarc Evans Non nomeado
2013
(86ª)
Metro Manila[8] Filipino Ellis, SeanSean Ellis Non nomeado
2014
(87ª)
Uzun Yol[9] Turco Seven, NihatNihat Seven Non nomeado
2015
(88ª)
Dan y Wenallt[10] Galés Kevin Allen Non nomeado
2016
(89ª)
Zeer-e sāye[11] Persa Babak Anvari Non nomeado
2017
(90ª)
My Pure Land[12] Urdú Sarmad Masud Non nomeado
2018
(91ª)
I Am Not a Witch[13] Bemba e inglés Rungano Nyoni Non nomeado
2019
(92ª)
The Boy Who Harnessed the Wind[14] Chichewa e inglés Chiwetel Ejiofor Non nomeado
2021
(94ª)
Dying to Divorce[15] Turco e inglés Fairweather, ChloeChloe Fairweather Non nomeado
2022
(95ª)
Winners Persa Nazer, HassanHassan Nazer Non nomeado
2023
(96ª)
The Zone of Interest[16] Alemán, polaco e yiddish Glazer, JonathanJonathan Glazer Premio da Academia

Notas editar

  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  5. "Afghan Star named UK's foreign language Oscar submission". screendaily.com. 7 de outubro de 2009. Consultado o 24 de xaneiro de 2020. 
  6. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  7. oscars.org (ed.). "63 Countries Vie for 2011 Foreign Language Film Oscar". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2012. Consultado o 14 de outubro de 2011. 
  8. Hollywood Reporter (ed.). "Oscars: U.K. Picks 'Metro Manila' as Foreign Language Nomination". Consultado o 19 de setembro de 2013. 
  9. AMPAS (ed.). "83 Countries In Competition For 2014 Foreign Language Film Oscar". Consultado o 10 de outubro de 2014. 
  10. AMPAS, ed. (9 de outubro de 2015). "81 Countries In Competition For 2015 Foreign Language Film Oscar". Consultado o 9 de outubro de 2015. 
  11. McNary, Dave (21 de setembro de 2016). Variety, ed. "Iranian Horror Movie 'Under the Shadow' Selected as U.K. Foreign-Language Oscar Entry". Consultado o 22 de setembro de 2016. 
  12. Roxborough, Scott (14 de setembro de 2017). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: U.K. Selects 'My Pure Land' for Foreign-Language Category". Consultado o 14 de setembro de 2017. 
  13. Mitchell, Robert (22 de agosto de 2018). Variety, ed. "Oscars: U.K. Selects BAFTA Winner 'I Am Not a Witch' as Foreign-Language Entry". Consultado o 22 de agosto de 2018. 
  14. Pedersen, Erik (7 de outubro de 2019). Deadline.com, ed. "Oscars: 93 Countries In Running For International Feature Film Race". Consultado o 7 de outubro de 2019. 
  15. "UK submits Chloe Fairweather's Turkish-language 'Dying To Divorce' for best international Oscar". ScreenDaily. 11 de novembro de 2021. Consultado o 15 de novembro de 2021. 
  16. Ritman, Alex (2023-09-21). "Oscars: U.K. Picks Jonathan Glazer's 'Zone of Interest' for International Feature Category". The Hollywood Reporter (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2023-09-21. Consultado o 2023-09-21.