Filipe Próspero de Austria
Filipe Próspero de Austria, nado en Madrid o 28 de novembro de 1657 e finado na mesma cidade o 1 de novembro de 1661, foi príncipe de Asturias. Terceiro fillo e primeiro varón do matrimonio formado por Filipe IV de España e Mariana de Austria. Separadamente de Margarida Teresa e Carlos, foi o único que superou os 2 anos de vida daquel matrimonio.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de novembro de 1657 Madrid, España |
Morte | 1 de novembro de 1661 (3 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Panteón de Infantes |
Príncipe de Asturias | |
1658 – 1661 ← Baltasar Carlos de España – Carlos II de España → | |
Ducado de Montblanc | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | príncipe herdeiro |
Outro | |
Título | Príncipe de Asturias Príncipe de Xirona Príncipe de Viana |
Familia | Casa de Habsburgo |
Pais | Filipe IV de España e Mariana de Austria |
Irmáns | María Tareixa de Austria e Borbón Margarida Tareixa de Austria Carlos II de España Xoán Xosé de Austria Baltasar Carlos de España Fernando Tomé de Austria |
Nado como Felipe Próspero José Francisco Domingo Ignacio Antonio Buenaventura Diego Miguel Luís Alfonso Isidro Ramón Víctor de Austria, a súa vinda ao mundo foi recibida con gran alegría, xa que desde a morte do príncipe Baltasar Carlos en 1646 a Casa Real española carecía de herdeiros varóns. Filipe foi inmediatamente convertido en Príncipe de Asturias.
O príncipe Filipe Próspero foi retratado en 1659 por Velázquez. O cadro, que reflicte unha profunda tenrura cara ao pícaro pero que tamén constitúe un dramático reflexo da súa natureza enfermiza, atópase hoxe no Kunsthistorisches Museum de Viena.
Herdeiro ao trono
editarO nacemento de Filipe Próspero foi moi celebrado, non só polo sexo do bebé, senón porque poñía fin a varias disputas dinásticas que afectarían aos matrimonios das súas irmás (como Filipe IV non tiña máis fillos varóns, os esposos das súas fillas probablemente disputáranse o trono trala morte do monarca). Así, en 1658, Filipe Próspero foi xurado como herdeiro do seu pai e Príncipe de Asturias. Porén, o príncipe non gozou de boa saúde e constantemente levaba un amuleto con el.[1][2]
En 1659 os primeiros ministros de Francia e España negociaron poñer fin ás hostilidades da Guerra Franco-Española por un período de dous anos. Agora que España tiña o seu herdeiro, podía garantir a paz co matrimonio da infanta María Tareixa co rei francés Lois XIV. O resultado das negociacións foi o Tratado dos Pireneos. que establecía a Francia como nova potencia mundial.
Morte
editarFilipe Próspero estivera enfermo durante bastante tempo antes da súa morte en novembro de 1661. Sufriu epilepsia e caía enfermo con moita frecuencia, probablemente debido ao seu defectuoso sistema inmunolóxico, provocado por varias xeracións de matrimonios entre familiares que levaban a cabo os membros da Casa de Austria. O rei chegou a adquirir as reliquias de Diego de Alcalá coa esperanza de que curaran ao príncipe.[3] O 1 de novembro de 1661, Filipe Próspero finaba en Madrid tras un severo ataque de epilepsia. Cinco días máis tarde nacía o infante Carlos, quen finalmente ascendería ao trono baixo o nome de Carlos II trala morte do seu pai. Filipe IV sentíase indirectamente responsable pola morte do seu fillo Filipe, tal e como expresou nunha carta a sor María acerca da morte do seu fillo. [4]
A longa enfermidade do meu fillo e a miña asistencia constante ao seu carón impedíronme dar resposta a vosa carta, nin a dor tampouco permitiu que así o fixera, ata hoxe. Confeso, sor María, que a miña dor é grande, como é natural tras perder unha xoia como esta. Pero en medio da miña dor, tratei de ofrecelo a Deus, e asumir a Súa divina vontade; crendo fervorosamente que El fará todo o que considere o mellor, que é o máis importante. Podo asegurarlle que o que máis me doe, máis aló da miña perda, é que sinto que enfurecín a Deus, e que este castigo foi enviado como pena para os meus pecados.[5]
Devanceiros
editarNotas
editar- ↑ Este amuleto aparece representado no retrato que lle fixo Velázaquez
- ↑ "CAROLVS II, HISPANIARVM ET INDIARVM REX" (January 7, 2010). "Family of the King: Prince Philip Prospero". Reign of Charles II. reinadodecarlosii.blogspot.com. Consultado o May 5, 2012.
- ↑ Haliczer 2002, p. 306.
- ↑ Hume 1907, p. 491.
- ↑ The long illness of my son and my constant attendance at his bedside have prevented me from answering your letter, nor has my grief allowed me to do so, until today. I confess to you, Sor María, that my grief is great, as is natural after losing such a jewel as this. But in the midst of my sorrow, I have tried to offer it to God, and to submit to His divine will; believing most earnestly that He will order all things for the best, which is the most important thing. I can assure you that what grieves me even more than my loss is that I see clearly that I have angered God, and that these punishments are sent in retribution for my sins.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Brown, Jonathan; Enggass, Robert (1970). Northwestern University Press, ed. Italian and Spanish Art, 1600-1750: Sources and Documents (2nd, reprinted ed.). Evanston. ISBN 978-0-8101-1065-6. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2014. Consultado o 12 de febreiro de 2015.
- Haliczer, Stephen (2002). Between Exaltation and Infamy: Female Mystics in the Golden Age of Spain (1st ed.). Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-514863-3.
- Hume, Martin (1907). The court of Philip IV: Spain in decadence (1st ed.). Londres: Eveleigh Nash.
- Stradling, R. A. (2002). Philip IV and the Government of Spain, 1621–1665 (1st ed.). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-52-153055-2.
Outros artigos
editarPredecesor: Baltasar Carlos de Austria |
Príncipe de Asturias 1657–1661 |
Sucesor: Carlos de Austria |