Filipe Apóstolo
Filipe Apóstolo, nado a finais do século I antes de Cristo ou a principios do século I era oriúndo de Betsaida. É o apóstolo, elixido como tal por Xesús de Nazaret, que aparece sempre en tódalas listas en quinto lugar.
Filipe Apóstolo | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 5 |
Lugar de nacemento | Betsaida |
Falecemento | c. 80 |
Lugar de falecemento | Hierápolis |
Causa | Crucifixión |
Nacionalidade | Roma Antiga |
Etnia | Pobo xudeu |
Relixión | cristianismo e xudaísmo |
Ocupación | misioneiro |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |

TraxectoriaEditar
Pescador no lago de Xenesaret, fíxose discípulo de Xoán o Bautista círculo dentro do cal coñeceu a Xesús. Xunto con André Apóstolo era o único dos mesmos que tiña un nome grego, facendo de interlocutor de xentes desa fala que querían coñecer ao seu mestre. Levou a Natanael ao grupo de discípulos. Por indicación de Xesús predicou en Galilea o Reino de Deus e o amor ao inimigo. No Evanxeo de Xoán, durante a derradeira cea, pídelle a Xesús que lles amose ao Pai, recibindo a contestación deste: quen me ve a min, ve ao Pai
Segundo a tradición, tras a resurrección de Xesús, predicou a Boa Nova en Frixia. Padeceu o martirio cravado nunha cruz e lapidado. Algunhas das súas reliquias dise que están na igrexa de Doci Apostoli en Roma
SignificaciónEditar
O evanxeo apócrifo de contido gnóstico, Evanxeo de Filipe, atribúeselle á súa autoría. É o patrón de Luxemburgo e Brabante.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Filipe Apóstolo |