Feleteo

(Redirixido desde «Feuva»)

Feleteo (coñecido tamén como Feletheus, Feva, Feba, Foeba, Fevva, Fevvanus, Theuvanus), finado en 487, foi os rei dos ruxios do 475 ao 487.

Feleteo
Nacementoséculo V
Falecemento487
Lugar de falecementoRavenna
PaiFlaciteo
FillosFriderichus
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Feleteo era fillo de Flaciteo, rei dos ruxios e fundador do reino dos ruxios. O seu irmán chamábase Ferderuchus. Feleteo estaba casado coa goda Gisa, que era probabelmente a curmá do rei ostrogodo dos amalos Teodorico o Grande. Despois da morte de seu pai, probabelmente en 475, Feleteo sucedeuno como rei dos ruxios. O seu territorio nesa época estaba baseado na Baixa Austria. En 476, Feleteo axudou a Odoacro e os seus esciros e hérulos no derrocamento do emperador romano Rómulo Augústulo. Feleteo foi un achegado a Severino de Nórico. Despois de que o emperador bizantino Zenón intentou crear un conflito entre os ruxios e Odoacro, Feleteo executou ao seu sobriño Frederic, que apoiaba a Odoacro. Odoacro a continuación invadiu o reino dos ruxios, vencéndoos completamete nunha batalla preto da actual Viena. Feleteo e a súa muller foron capturados e executados en Rávena en 487. Dous anos máis tarde, os ruxios uníronse ao rei ostrogodo Teodorico o Grande, quen invadiu Italia e venceu a Odoacro en 493.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar