Festa do cogomelo de Soutelo de Montes
A festa do cogomelo de Soutelo de Montes é un evento gastronómico que ten lugar na localidade de Soutelo de Montes no concello de Forcarei (provincia de Pontevedra).
A festa editar
Ten lugar no outono, normalmente un domingo no mes de outubro ou novembro. Xunto ca degustación de cogomelos tamén teñen lugar outras actividades como rutas de ciclismo e sendeirismo, unha feira de artesanía, concurso de cestas de cogomelos e de produtos da terra.
Ao mediodía os asistentes teñen a oportunidade de degustar os fungos, entre os que se poden atopar níscaros, boletus e cantharellus entre outros. Á parte dos cogomelos tamén se serven outros produtos como xabarín ou callos.
Para culminar a festa ofrécense sobremesas elaborados polos veciños (rosquillas, filloas...)
Festas gastronómicas do concello de Forcarei | |
---|---|
Festa da richada de Forcarei | Festa do caracol da Graña do Umia | Festa do cogomelo de Soutelo de Montes |