Fernando Martínez González

economista e político galego

Fernando Martínez González, nado en Vilalba o 11 de novembro de 1952, é un economista e político galego do PSdeG-PSOE que foi parlamentario autonómico e concelleiro en Cerceda, sendo alcalde entre 1992 e 1995.

Infotaula de personaFernando Martínez González
Biografía
Nacemento11 de novembro de 1952 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Vilalba, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi apoderado de banca no Banco Central. Militou na UPG, ingresou no PSG en 1969 e posteriormente integrouse no PSdeG-PSOE. Afincado en Cerceda, foi elixido parlamentario pola provincia da Coruña nas primeiras eleccións autonómicas polo PSdeG-PSOE. Volveu ser elixido parlamentario autonómico nas autonómicas de 1985. Así mesmo encabezou a candidatura socialista en Cerceda nas eleccións municipais de 1983, formando inicialmente parte da oposición ata que en decembro de 1985 o seu compañeiro Jesús Orgeira Muíño foi elixido alcalde e pasou a ocupar responsabilidades de goberno con este. Os soscialistas revalidarían o goberno con maioría absoluta nas municipais de 1987 e 1991, con Orgeira á fronte. En xuño de 1992 foi elixido alcalde tras presentar unha moción de censura contra o alcalde co apoio de 5 concelleiros socialistas máis un do PP. Tras ser inhabilitado xunto con Orgeira a finais de 1994, en febreiro de 1995 delegou as súas funcións no tamén socialista José García Liñares, o cal encabezaría a candidatura socialista no mes de maio e lograría a alcaldía con maioría absoluta.


Predecesor:
Jesús Orgeira Muíño
  
Alcalde de Cerceda
 
1992 - 1995
Sucesor:
José García Liñares

Obras editar

  • Contos e lendas da Terra Chá.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar