Jesús Orgeira Muíño

político español

Jesús Orgeira Muíño, nado en 1943 e finado o 20 de xaneiro de 2011[1], foi un político galego do PSdeG-PSOE.

Jesús Orgeira Muíño
Nacemento1943
Falecemento20 de xaneiro de 2011
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Concelleiro do PSdeG-PSOE en Cerceda, foi elixido alcalde en 1985 logo da dimisión de José Gómez García. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura PSdeG-PSOE á alcaldía de Cerceda e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1991 volveu ser elixido alcalde, tamén con maioría absoluta. En xuño de 1992 seis dos concelleiros do PSdeG-PSOE e os do PPdeG presentaron unha moción de censura contra el por favorecer supostamente a unha empresa da súa propiedade e foi desaloxado da alcaldía. Continuou na política municipal, primeiro como candidato do PINCE e despois do CDI. En 2004 foi condenado xunto con Fernado Martínez por un delito de falsidade electoral cometido en 1986.


Predecesor:
José Gómez García
  
Alcalde de Cerceda
 
1985 - 1992
Sucesor:
José García Liñares

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar