Fernando Antonio Mariño de Lobeira
nobre galego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Mariño.
Fernando Antonio Mariño de Lobeira e Andrade, nado en Pontevedra, foi un aristócrata galego do século XVII da Casa Mariño de Lobeira.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XVII Pontevedra, España |
Familia | |
Fillos | Fernando Pablo Mariño de Lobeira Quirós |
Pai | Pedro Mariño de Lobeira Lemos |
Irmáns | Antonio Mariño de Lobeira |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Traxectoria
editarMorgado de Pedro Mariño de Lobeira Lemos, herdou deste o señorío da Serra (en Outes), que converteu en marquesado da Serra o rei Carlos II en 1693. Tamén recibiu o título de viceconde de Albeos.
Casou inicialmente con Inés Enríquez de Monroy, e despois coa nobre galega Teresa Sarmiento Quirós Soutomaior, coa que tivo catro fillos, dos cales o maior foi varón e as tres restantes mulleres. O morgado, Fernando Pablo Mariño de Lobeira Quirós, foi o herdeiro dos seus títulos.
O seu irmán Antonio Mariño de Lobeira, militar do exército español, foi tamén distinguido co título de marqués de Mariño.