Antonio Mariño de Lobeira
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Mariño.
Antonio Mariño de Lobeira e Andrade, nado en Pontevedra en 1640,[Cómpre referencia] foi un militar e nobre galego da Casa Mariño de Lobeira.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Antonio Mariño de Lobeira y Andrade 1640 (383/384 anos) Pontevedra, España |
Familia | |
Pai | Pedro Mariño de Lobeira Lemos |
Irmáns | Fernando Antonio Mariño de Lobeira |
Traxectoria
editarFillo do tamén nobre Pedro Mariño de Lobeira Lemos, señor da Serra de Outes, foi bautizado o 18 de xullo de 1640.[Cómpre referencia] O seu irmán máis vello Fernando Antonio Mariño de Lobeira, herdou o señorío da Serra de Outes[1] e transformouno en marquesado.
Foi tenente xeneral do exército do rei de España e mariscal de campo de infantaría en Flandres.
Honras
editarFoi elixido cabaleiro da Orde de Santiago en 1688, e primeiro marqués de Mariño, título concedido por Filipe V en 1705. Ao non ter descendencia o título extinguiuse con el ata que foi recuperado en 1921.
Notas
editar- ↑ Genealogía del linaje Mariño de Lobeira, web Xenealoxías do Ortegal.