Pedro Mariño de Lobeira Lemos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Mariño.
Pedro Mariño de Lobeira Lemos, nado en Pontevedra en 1618 e finado na mesma cidade en 1649, foi un nobre galego do século XVII da Casa Mariño de Lobeira. Non se debe confundir con Pedro Mariño de Lobeira, escritor pontevedrés do século XVI.
Pedro Mariño de Lobeira Lemos | |
---|---|
Nacemento | 1618 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Falecemento | 1649 |
Nacionalidade | España |
Fillos | Fernando Antonio Mariño de Lobeira e Antonio Mariño de Lobeira |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Pertencente á baixa nobreza galega, era o señor da Serra de Outes e controlaba o territorio da marxe setentrional da ría de Muros e Noia.
Casado coa importante nobre Benita Andrade Soutomaior, tivo catro fillos, entre eles o morgado Fernando Antonio Mariño de Lobeira e o militar Antonio Mariño de Lobeira.