Federico Mediante

escritor e xornalista asturiano

Federico Mediante Noceda, nado en Abres (A Veiga) en 1888 e finado en Madrid en 1951, foi un escritor e xornalista asturiano e ligado a Ribadeo.

Infotaula de personaFederico Mediante
Biografía
Nacemento1888 Editar o valor em Wikidata
Abres, España Editar o valor em Wikidata
Morte1951 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra de Melilla Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHorentina Acosta Waytorn

Traxectoria editar

 
Federico e José Mediante c. 1930.

Fillo do mestre Manuel Mediante, Federico acompañaba ó seu avó materno nas viaxes entre Ribadeo e Xixón no seu barco.[1] Emigrou a Arxentina con 14 anos de idade. Alí tivo varios traballos. En 1907 volveu a España e ingresou como voluntario no Rexemento de Infantaría Príncipe, co que participou na Guerra de Melilla, onde foi feito prisioneiro. Unha vez liberado retornou á súa terra natal.

En 1914 viaxou de novo á Arxentina, onde colaborou con xornais como El Argentino ou El Comercio e fundou La Tarde. Colaborou despois en Eco de Galicia, Heraldo de Galicia, El Regional, El Compostelano, La Comarca, Las Riberas del Eo e Vida Gallega.

Traballou de actor de teatro e enrolouse nun circo co que visitou Mercedes, Buenos Aires, onde coñeceu a Horentina Acosta Waytorn coa que casou. Retornou a España, instalándose en Madrid. Alí traballou como explicador de películas de cine mudo.[2]

Anarquista, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 refuxiouse en Ribadeo onde o seu irmán José rexentaba o Café-Bar Mediante. Ao finalizar a guerra, grazas á carta de recomendación do director de Las Riberas del Eo, puido regresar a Madrid xunto á súa muller.[3] En Ribadeo escribiu Versos de Ausencia e A orillas del Pilcomayo, a súa primeira obra de aventuras, xénero que o faría famoso.

Morreu no 1951 dun cancro de gorxa.[1]

Foi autor de máis dun cento de novelas populares,[4] empregando varios pseudónimos, H. A. Waytorn (que son as iniciais da súa muller) e outros como Fred Baxter, Norman Lincoln, Walter Brown, Hendrix Keyne, Spencer Scott, J. Medhel, Bill O'Hara, Boris King, King Drake ou Warner Williams.[3]

Recoñecementos editar

No 2023 publícase "Federico Mediante, el Salgari español", de Ana Rosa Martínez Loredo, neta súa.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Un libro recupera la vida y obra del ribadense Federico Mediante, el Salgari español". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-11-12. Consultado o 2023-11-12. 
  2. Sánchez Salas, Daniel (1998). "La figura del explicador en los inicios del cine español" pp. 73-84. Actas del VI Congreso de la A.E.H.C (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Martínez Loredo, Ana Rosa (14/12/2021). "Federico Mediante". Álbum de Galicia. Consello da Cultura Galega. 
  4. Cora, Xosé de (13/7/2021). "Federico Mediante, autor de cien novelas, actor, explicador de películas…" (en castelán).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar