Farruco Graña

profesor, escritor e xornalista galego


Xosé Farruco Graña Rama, nado en Carballo o 7 de outubro de 1966[1], é un escritor, profesor e político galego.

Modelo:BiografíaFarruco Graña

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de outubro de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Carballo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, xornalista, catedrático Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5746352 AELG: 365

Traxectoria

Licenciouse en Filosofía en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Establecido en Ribadeo, é profesor de Filosofía no IES Marqués de Casariego, en Tapia de Casarego (Asturias). Ten presentado traballos en varias edicións da Semana Galega de Filosofía, así como en Cursos de Formación do Profesorado. Na actualidade colabora coa prensa local tanto da Mariña (El Progreso-A Mariña, La Comarca del Eo) como de Bergantiños (La Voz de Galicia), así como con prensa de ámbito galego como Xornal.com, A Nosa Terra ou Sermos Galiza.

Tras as eleccións municipais de 2015 foi concelleiro de Ribadeo ata 2019, encargado da área de Cultura.[2][3] Tras deixar o cargo, é presidente da Asociación Cultural Francisco Lanza.

Obras

Narrativa

  • O bosque de Nadgor, 2007, A. C. Francisco Lanza, Ribadeo.
  • O soño de Xoán, 2015, Edicións Embora.
  • Badaladas de Anllóns, 2017. Edicións Embora.

Obras colectivas

  • A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
  • Follas de Carballo, 2011, Asociación Cultural Lumieira.
  • Contos da taberna, 2014, Edicións Embora.
  • Carballo. Derrubando muros con pintura, 2016. Edicións Embora.

Premios

Primeiro premio, modalidade Narrativa (adulto/as) do XVI Certame Literario Terras de Chamoso.[4][5]

Notas

  1. Acta do pleno de constitución: http://ribadeo.gal/mediateca/albumes/imx/1448448480ACTA_DO_PLENO_2015-0005.pdf Arquivado 29 de agosto de 2019 en Wayback Machine.
  2. Acta do pleno de ordenación. http://ribadeo.gal/mediateca/albumes/imx/1448448647ACTA_DO_PLENO_2015-0007.pdf Arquivado 29 de agosto de 2019 en Wayback Machine.
  3. Arumes, A. c (2022-12-16). "Asociación Cultural Arumes do Corgo: ACTA DA REUNIÓN DO XURADO DOS PREMIOS DA XVI EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO “TERRAS DE CHAMOSO”". Asociación Cultural Arumes do Corgo. Consultado o 2022-12-22. 
  4. Lugo, El Progreso de (2022-12-18). "Natalia Lema e Xosé Farruco gañan o certame literario Terras do Chamoso". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2022-12-23. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas