Faneca brava
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A faneca brava ou peixe araña menor[1] (Echiichthys vipera) é unha especie de peixe da familia Trachinidae na orde dos Perciformes. Coñecido por ser peixe pezoñento. Algunhas fontes chámano escorpión de praia.
Faneca brava | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ilustración dunha faneca brava
| |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
''Echiichthys vipera'' | |||||||||||||||||||||
Atópase normalmente nos fondos mariños de mares abertos, achegados á beiramar. As fanecas bravas poden picar aos nadadores se son perturbadas, especialmente cando hai baixamar; tamén aos pescadores cando limpan as súas redes.
Morfoloxía
editarAs fanecas contan cun corpo alongado e medran até os 18 cm de longo, mais xeralmente non pasan dos 15 cm. A súa cor é pardo cinsenta no lombo, semellante á da area das praias, e prateada nos costados. Non ten espiñas diante dos ollos.
Hábitat
editarDistribúese polo Atlántico leste, dende o Mar do Norte, arrodeando as Illas Británicas, Galiza, Portugal e até Marrocos, Madeira, Canarias e o Mediterráneo. Aparecen na beiramar parcialmente soterradas na area das praias deixando só os ollos e as puntas das espiñas dorsais sobre a area.
Bioloxía
editarA faneca brava é litoral e bentónica, vive na area, fondos lamacentos, que van desde os poucos metros de profundidade até os 150 m (no inverno). Deitadas na area, a súa posición pode describirse como soterrada até os ollos coa punta da primeira espiña dorsal exposta. Por mor da súa pezoña e a súa aparición preto de praias, considérase unha das especies de faneca máis perigosas de Europa. As glándulas pezoñentas están localizados na súa primeira aleta dorsal, que é totalmente negra, e na cuberta das guerlas. Esta especie ten a toxina máis potente de todas as especies da familia Trachinidae[2].
Efectos nos humanos
editarA picada da faneca é aguda e intensa. A dor adoita radiar á área arredor do limbo.[Cómpre referencia] A intensidade da dor acada o pico aos 30 minutos despois da picada, e despois aos poucos baixa. Porén, por veces a dor ou un formigar pode durar unhas 24 horas. Moi raramente, a dor pode espallarse aos ganglios linfáticos, é dicir, ós das virillas (cando o aguillón se crava na planta do pé), ou ós da axila (se o aguillón pica nas mans).
Protección e auxilio
editarA faneca é común nalgunhas praias de Galiza, especialmente coa marea baixa. A mellor protección é usar sandalias (chamadas as máis das veces fanequeiras).
Unha vez se produce a picada, se na praia hai posto de socorrismo é o mellor lugar para acudir. O procedemento alá será localizar a picada e despois mergullar o pé en auga quente durante unha hora co obxectivo de inactivar a toxina termolábil. Pódese tamén aplicar unha pomada antihistamínica e despois intentar camiñar por unha superficie quente (a parte alta da praia) para que o organismo termine eliminando definitivamente todo resto da pezoña.
A mellor solución de urxencia é para lavar a ferida, e despois mergullala en auga quente durante polo menos unha hora, para aliviar a dor e axudar a destruír as proteínas do veleno. A temperatura da auga debe ser polo menos duns 40 °C (104 °F) ou tan quente coma o paciente ature. Ademais, cómpre tranquilizar o paciente da inocuidade relativa da picada.
Notas
editar- ↑ Nomes vulgares galegos en "Zooloxía" en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009; Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000
- ↑ Renco Štefić,Priroda jadrana,1997
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Faneca brava |
Bibliografía
editar- Eschmeyer, William N., ed. 1998. Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. California Academy of Sciences. San Francisco, California, Estados Unidos. 2905. ISBN 0-940228-47-5.
- Fenner, Robert M.: The Conscientious Marine Aquarist. Neptune City, Nova Jersey, Estados Unidos : T.F.H. Publications, 2001.
- Helfman, G., B. Collette e D. Facey: The diversity of fishes. Blackwell Science, Malden, Massachusetts, Estados Unidos , 1997.
- Hoese, D.F. 1986: . A M.M. Smith e P.C. Heemstra (eds.) Smiths' sea fishes. Springer-Verlag, Berlín, Alemaña.
- Maugé, L.A. 1986. A J. Daget, J.-P. Gosse e D.F.E. Thys van den Audenaerde (eds.) Check-list of the freshwater fishes of Africa (CLOFFA). ISNB Bruxelas; MRAC, Tervuren, Flandres; e ORSTOM, París, Francia. Vol. 2.
- Moyle, P. e J. Cech.: Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4a. edición, Upper Saddle River, Nova Jersey, Estados Unidos: Prentice-Hall. Ano 2000.
- Nelson, J.: Fishes of the World, 3a. edición. Nova York, Estados Unidos: John Wiley and Sons. Ano 1994.
- Wheeler, A.: The World Encyclopedia of Fishes, 2a. edición, Londres: Macdonald. Ano 1985.
Outros artigos
editar- Peixe araña maior (Trachinus draco)
Ligazóns externas
editar- Russo, Alessandro. "The Danger of the Sea: The Lesser Weever Fish". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2011. Consultado o 19 de xuño de 2015.
- Artigo do Faro de Vigo sobre as picadas de fanecas no Grove (en castelán).
- ITIS (en inglés)
- AQUATAB.NET
- Catalogue of Life (en inglés)
- More detailed Description
- Wonders of Weeverfish
- Other hazardous fish