Facultade de Ciencias da Coruña
facultade da Universidade da Coruña
Facultade de Ciencias da Coruña | |
---|---|
Facultade de Ciencias na Zapateira | |
Universidade: | Universidade da Coruña |
Localización: | A Coruña |
Campus: | A Zapateira |
Enderezo: | |
Ano de fundación: | |
Decano: | |
Docentes: | |
Estudantes: | |
Teléfono: | |
Correo electrónico: | |
Páxina web: | https://ciencias.udc.es/gl/ |
A Facultade de Ciencias da Coruña é un centro de ensino da Universidade da Coruña, situado no campus da Zapateira.
Titulacións
editarNo curso 2020-2021 na Facultade impártense as seguintes titulacións:[1]
Graos
editar- Grao en Bioloxía
- Grao en Química
- Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
- Programa de simultaneidade do Grao en Bioloxía e o Grao en Química
Másteres
editar- Máster Universitario en Acuicultura
- Máster Universitario en Biodiversidade terrestre: caracterización, conservación e xestión
- Máster Universitario en Bioloxía mariña
- Máster Universitario en Bioloxía molecular, celular e xenética
- Máster Universitario en Biotecnoloxía avanzada
- Máster Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión ambiental
- Máster Universitario en Investigación química e Química industrial
- Máster Universitario en Neurociencia
Información sobre as titulacións
editar- Grao en bioloxía.[2]
- Coordinador: Lucía Couceiro López
- Créditos: 240
- Prazas ofertadas: 70
- Obxectivos: o obxectivo fundamental é que o estudantado adquira os coñecementos que debe ter un biólogo para alcanzar unhas competencias profesionais que permita aos titulados desenvolveren a súa actividade profesional descrita no "Estatuto dos Colexios Oficiais de Biólogos" (Real decreto 693/1996. BOE do 23 de maio de 1996, e Real decreto 1754/1998, BOE do 7 de agosto de 1998).
- Nota: este estudo é plurilingüe. O alumnado terá a opción de cursar parte do estudo en outras linguas.
- Grao en Química.[3]
- Coordinadora: María José González Castro
- Créditos: 240
- Prazas ofertadas: 50
- Obxectivos: o obxectivo fundamental é que os estudantes adquiran os coñecementos que debe ter un químico para alcanzar unhas competencias profesionais que regulan os "Colexios Profesionais de Químicos" (Decreto de 9 de marzo de 1951, Ordes de 10 de xaneiro de 1952 e de 9 de decembro de 1961, Lei 2/1974 de 13 de febreiro, Lei 7/1997 de 14 de abril, Real Decreto-lei 6/2000 de 23 de xuño, Real Decreto 3428/2000 de 15 de decembro) permitindo aos titulados desenvolver o labor profesional dun químico.
Notas
editar- ↑ Datos na páxina web da Facultade.
- ↑ Grao en Bioloxía Arquivado 28 de novembro de 2019 en Wayback Machine. no sitio web da UDC.
- ↑ Grao en Química Arquivado 28 de novembro de 2019 en Wayback Machine. no sitio web da UDC.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |