Factor plaquetario 4

molécula implicada na resposta inmune

O factor plaquetario 4 (PF4) é unha pequena citocina que pertence á familia das quimiocinas CXC que tamén se coñece como quimiocina (motivo C-X-C) ligando 4 (CXCL4) . Esta quimiocina é liberada dos gránulos alfa das plaquetas activadas durante a agregación plaquetaria e promove a coagulación do sangue ao moderar os efectos das moléculas similares á heparina. Debido a estas funcións, prediciuse que desempeña un papel na reparación de feridas e na inflamación.[1] Xeralmente atópase formando un complexo cun proteoglicano.

PF4
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
SímbolosPF4 (HGNC: 8861) CXCL4, PF-4, SCYB4, factor plaquetario 4
Identificadores
externos
LocusCr. 4 q13.3
Padrón de expresión de ARNm
Máis información
Estrutura/Función proteica
Tamaño70 (aminoácidos)
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
5196 56744
Ensembl
Véxase HS Véxase MM
UniProt
P02776 Q9Z126
RefSeq
(ARNm)
NM_002619 NM_019932
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_002610 NP_064316
Localización (UCSC)
Cr. 4:
73.98 – 73.98 Mb
Cr. 5:
90.77 – 90.77 Mb
PubMed (Busca)
5196


56744

Xenómicas editar

O xene que codifica o PF4 humano está localizado no cromosoma 4.[2]

Función editar

O factor plaquetario 4 é unha proteína de 70 aminoácidos que se libera dos gránulos alfa de plaquetas activadas e únese con alta afinidade á heparina. O seu principal papel fisiolóxico parece ser a neutralización de moléculas similares á heparina da superficie endotelial dos vasos sanguíneos, inhibindo a actividade da antitrombina III local e promovendo a coagulación. Como forte quimioatractor para os neutrófilos e fibroblastos, o PF4 probablemente exerce un papel na inflamación e reparación de feridas.[1][3]

O PF4 é quimotáctico para os neutrófilos, fibroblastos e monocitos e interacciona cunha variante de empalme do receptor da quimocina CXCR3, coñecida como CXCR3B.[4]

Importancia clínica editar

O complexo heparina:PF4 é o antíxeno na trombocitopenia inducida por heparina, unha reacción autoinmune idiosincrática á administración de heparina anticoagulante.[5] Os autoanticorpos anti-PF4 tamén se encontraron en pacientes con trombose e características que lembran a trombocitopenia inducida por heparina pero non antes da administración de heparina.[6]

Os niveis de PF4 increméntanse en pacientes con esclerose sistémica que tamén teñen enfermidade pulmonar intersticial.[7]

O PF4 humano mata os parasitos da malaria dentro dos eritrocitos ao lisar selectivamente os vacúolos dixestivos do parasito.[8]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Eisman R, Surrey S, Ramachandran B, Schwartz E, Poncz M (xullo de 1990). "Structural and functional comparison of the genes for human platelet factor 4 and PF4alt". Blood 76 (2): 336–44. PMID 1695112. 
  2. O'Donovan N, Galvin M, Morgan J (1999). "Physical mapping of the CXC chemokine locus on human chromosome 4". Cytogenet Cell Genet 84 (1–2): 39–42. PMID 10343098. doi:10.1159/000015209. 
  3. "Entrez Gene: PF4 platelet factor 4 (chemokine (C-X-C motif) ligand 4)". 
  4. Lasagni L, Francalanci M, Annunziato F, Lazzeri E, Giannini S, Cosmi L, Sagrinati C, Mazzinghi B, Orlando C, Maggi E, Marra F, Romagnani S, Serio M, Romagnani P (2003). "An alternatively spliced variant of CXCR3 mediates the inhibition of endothelial cell growth induced by IP-10, Mig, and I-TAC, and acts as functional receptor for platelet factor 4". J Exp Med 197 (11): 1537–1549. PMC 2193908. PMID 12782716. doi:10.1084/jem.20021897. 
  5. Warkentin TE (marzo de 2007). "Drug-induced immune-mediated thrombocytopenia--from purpura to thrombosis". N. Engl. J. Med. 356 (9): 891–893. PMID 17329695. doi:10.1056/NEJMp068309. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2007. Consultado o 23 de setembro de 2018. 
  6. Warkentin TE, Makris M, Jay RM, Kelton JG (xullo de 2008). "A spontaneous prothrombotic disorder resembling heparin-induced thrombocytopenia". Am. J. Med. 121 (7): 632–636. PMID 18589060. doi:10.1016/j.amjmed.2008.03.012. 
  7. Volkmann ER, Tashkin DP, Roth MD, Clements PJ, Khanna D, Furst DE, Mayes M, Charles J, Tseng CH, Elashoff RM, Assassi S (2016). "Changes in plasma CXCL4 levels are associated with improvements in lung function in patients receiving immunosuppressive therapy for systemic sclerosis-related interstitial lung disease" (PDF). Arthritis Research & Therapy 18: 305. doi:10.1186/s13075-016-1203-y. 
  8. Love MS, Millholland MG, Mishra S, Kulkarni S, Freeman KB, Pan W, Kavash RW, Costanzo MJ, Jo H, Daly TM, Williams DR, Kowalska MA, Bergman LW, Poncz M, Degrado WF, Sinnis P, Scott RW, Greenbaum DC (decembro de 2012). "Platelet Factor 4 Activity against P. falciparum and Its Translation to Nonpeptidic Mimics as Antimalarials". Cell Host Microbe 12 (6): 815–23. PMID 23245326. doi:10.1016/j.chom.2012.10.017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar

Este artigo incorpora textos da Biblioteca Nacional de Medicina dos Estados Unidos, en dominio público.