Bufarda

abertura pequena nunha parede para dar luz ou ventilar
(Redirección desde «Fachinelo»)
Este artigo trata sobre un tipo de xanela, para o lugar da parroquia de Ombre véxase Bufarda, Ombre, Pontedeume.

Unha bufarda é un tipo de biolo (pequena abertura) que aparece na parede dunha casa para dar luz ou para ventilar[1]. Aparecen en construcións en todo o mundo cando a abertura dunha gran xanela non está xustificada no muro.

Unha bufarda de abertura horizontal e van curioso na planta terrea (baixo a fiestra) para a ventilación da corte do gando nunha vivenda en Lalín.

A bufarda en Galicia editar

 
Unha bufarda de abertura vertical co lintel arredondado, en S. Esteban, Masegoso, Pozalmuro, Soria.

A bufarda é común na arquitectura popular galega onde se define coma unha simple fenda feita no muro, que adoita posición vertical ou horizontal (nalgúns casos pode ir redondeada), enmarcada con dúas coidadas pezas de granito. A súa función é a de dar ventilación a espazos destinados a cortes, adegas e almacenamento, que nalgunhas ocasións se tapan con fachucos de palla. Coma ocorre con todos vans das casas, aínda que o muro sexa de cachotes, estes van arrodeados por pezas de cantaría. Non adoitan posuír vidros ou contras, de feito o seu tamaño é mínimo para que non entre frío nas cortes permitindo que ventilen. Ás veces é unha soa peza de granito furada a que forma o van, outras veces máis de dúas pezas forman o van, sendo máis ben neste caso máis ben xaneliñas.

Recibe tamén os nomes de bufarra, bufarro, fachal, fachineiro e fachinelo[1]. Ás veces o termo é moi próximo ao de biolo (ou claraboia); tamén ao de lucernario (ou mansarda); e tamén ao de troneira, cos que pode ser sinónimo[2].

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Definición e sinónimos no Portal das Palabras da RAG". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2014. Consultado o 29 de outubro de 2014. 
  2. Léxico de urbanismo, construcción e arquitectura, Vigo, COAG-Concello de Vigo, 1998

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar