Contraventá
Unha contra ou contraventá[1] é unha porta pequena que se pon detrás das fiestras para impedir o paso da luz[2].


As contras van incorporadas pola parte exterior do muro (Francia, País Vasco, Cataluña...) ou a rentes da parede interior da casa (Galicia, Reino Unido), fíxanse ao muro mediante gonzos ou bisagras. Teñen unha función semellante á persiana mediterránea: impedir o paso da luz ou a calor.
En Galicia é a forma de impedir o paso da luz no interior das casas nas vivendas tradicionais. Aos poucos foi sendo substituída pola persiana mediterránea. As contras galegas son de madeira, ábrense en dúas batentes cara o interior da casa, xa que é a fiestra a que fica a rentes do muro exterior para que a auga esvare pola fachada. Este tipo de disposición da contra e da ventá dáse noutras zonas de climas semellantes como o Reino Unido. En zonas algo menos chuviosas como o resto de España, Francia ou Alemaña a contra sitúase por fóra protexendo a fiestra que está no interior da soleira.
Materiais Editar
Os materiais máis comúns de fabricación das contras son os seguintes:
Estrutura Editar
Pola súa estrutura, as contras poden ser:
Galería de imaxes Editar
-
Contras azuis de estilo francés.
-
As contras son comúns na arquitectura de estilo francés.
-
Casa con contras.
-
Contras en Berlin-Köpenick.
-
Contras fechadas.
-
Contras pintadas dunha vivenda romanesa.
Notas Editar
- ↑ Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004
- ↑ "Definición no Portal das Palabras da RAG". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2014. Consultado o 21 de outubro de 2014.