Cortina

peza de roupa que cobre as fiestras
  • Cómpre non confundir con cortiña: terreo agrícola próximo á casa de labranza.

cortina é unha peza de tecido ou doutro material que se pon cubrindo o oco dunha fiestra ou noutro sitio, como adorno ou para ocultar o que queda pola parte de dentro dela[1] .

Representación dun cuarto con cortinas (Rapariga a ler unha carta, contra 1657, por Vermeer).
Cortina de gancho.
Cortina nunha barra para cortinas.
Cortina con presilla en tea de yute, cor beixe, con barra de ferro envellecido.

Son pezas móbiles e adoitan estar feitas principalmente de teas de cores rechamangueiras e algunhas escuras. A súa función principal é a de impedir total ou parcialmente o paso da luz e a visibilidade dende o exterior. Tamén se poden utilizar detrás dunha porta de acceso.

As cortinas colócanse en calquera cuarto que dispoña de xanelas ou ventás, mais especialmente nos dormitorios para tirar a luz no momento do soño. Tamén, un importante detalle é que serven para non permitir o acceso do frío, porque no momento de frías correntes ou choivas, o vidro (condutor) permite o arrefriado e este pasa ao ambiente baixando as temperaturas.

Un estor é unha cortina dunha soa peza que se recolle e se estende verticalmente.[2]

Outros sentidos editar

  • Denomínase tamén cortina a calquera cousa que oculta o que hai detrás, por exemplo: cortina de fume é unha expresión utilizada para cando se desexa ocultar do opoñente.
  • Cortina, ou transición por cortina en audovisual é un tipo de transición entre contidos diferentes na que o plano de entrada vai substituíndo paulatinamente o plano de saída servíndose dun elemento visual móbil (por exemplo, unha barra vertical, horizontal ou figuras xeométricas).[3]

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cortina.
  2. Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC.
  3. Dicionario galego de televisión. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia-Centro Ramón Piñeiro, 2005.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar