Aeroporto de Granada

(Redirección desde «F.G.L. Granada-Jaén»)

O Aeroporto de Granada, oficialmente chamado Federico García Lorca Granada-Xaén, é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado entre os concellos de Chauchina e Santa Fe, a 17 km ao oeste de Granada e 106 km ao sur de Xaén. En xuño de 2006, o aeroporto cambiou o seu nome de Aeroporto de Granada a Aeroporto Federico García Lorca de Granada-Xaén, aínda que a súa localización segue sendo a mesma.

Aeroporto Federico García Lorca de Granada-Xaén

IATA: GRX – ICAO: LEGR
Sumario
Tipo Público
Coordenadas Coordenadas: 37°11′19″N 3°46′38″O / 37.188611111111, -3.7772222222222

Ofrece numerosos destinos tanto de dentro como de fóra do país. Desde Granada pódese voar xa a París-Orly e Roma-Fiumicino. En canto a España refírese, Granada conecta con Madrid, Barcelona, Palma, Melilla, Tenerife ou Gran Canaria.

Tras seis anos de crecemento sostido, no ano 2007 o aeroporto chegou alcanzou un récord no total de pasaxeiros, un total de 1 467 590, xerándose un importante crecemento con respecto aos 1 086 236 de 2006. Por contra, esa tendencia non se mantivo tanto en 2008 como en 2009 (onde xa houbo unha importante baixada respecto ao ano anterior). En 2010, ademais, debido á crise económica e sobre todo ao abandono da compañía Ryanair de varias liñas mantívose a baixada.

Aeroliñas e destinos editar

Aeroliñas Destinos
Air Europa Palma de Mallorca
British Airways
operado por BA CityFlyer
Estacional: Londres-City
easyJet Londres-Gatwick, Manchester, Milán-Malpensa
Iberia
operado por Air Nostrum
Madrid
Vueling Barcelona, Bilbao (comeza en decembro de 2017),[1] Gran Canaria (comeza en decembro de 2017),[1] Palma de Mallorca, París-Charles de Gaulle (comeza en decembro de 2017)[1] Tenerife-Sur (comeza en decembro de 2017)[1]

Estatísticas editar

Número de pasaxeiros e de operacións desde o ano 2000:[2]

Ano 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010
Pasaxeiros 509.442 514.966 486.756 525.869 590.931 875.827 1 086 236 1 467 625 1 422 013 1 187 813 978.107
Operacións 9.906 10.444 11.188 12.804 13.584 15.746 17.583 21.822 19.279 16.300 13.841

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Routes Online (ed.). "Vueling expands Granada operation from Dec 2017". Consultado o 26 de setembro de 2017. 
  2. Aena Airport Statistics for 2000-2008

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar