Félix de Azara

Félix Manuel de Azara y Perea, nado en Barbuñales (daquela no Reino de Aragón) o 18 de maio de 1742 e finado na mesma vila o 20 de outubro de 1821[1], foi un militar, naturalista e enxeñeiro español.

Félix de Azara
Portrait of Félix de Azara by Goya.jpg
Nacemento18 de maio de 1742
 Barbuñales
Falecemento20 de outubro de 1821
 Barbuñales
Causapneumonía
SoterradoHoly Cathedral Church of the Transfiguration of the Lord
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónnaturalista, xeógrafo, escritor, militar, explorador, antropólogo e ornitólogo
IrmánsJosé Nicolás de Azara y Perera e Eustaquio de Azara y Pereda
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Ingresou na carreira militar no corpo de artilleiros, primeiro, e logo no de enxeñeiros. Distinguiuse en varias expedición, e alcanzou o grao de xeneral de brigada.

Foi enviado a América do Sur en 1781, nunha expedición encargada de resolver o conflito dos límites entre as colonias de España e Portugal. Permaneceu alí até 1801. Antes de deixar Suramérica, enviou ó seu irmán, José Nicolás de Azara (entón embaixador de España en París), anotacións e observacións sobre zooloxía, que Moreau de Saint-Méry publicou en París en 1801, co título de Essais sur l´histoire naturelle des Quadrupèdes, traducido ao castelán en 1802 como Apuntamientos para la Historia natural de los quadrúpedos del Paraguay y Río de la Plata. Á volta de América redactou Voyages dans l’Amérique méridionale, par don Félix de Azara, publicado en 1809.

En 1805, retirouse para a súa localidade natal, dende onde escribiu numerosos informes, e onde faleceu en 1821.

HomenaxesEditar

Durante a súa viaxe por Suramérica describiu máis de 200 novas especies animais. Certo número de animais levan na súa honra o seu apelido: Aotus azarae (mico nocturno de Azara), Dasyprocta azarae (agutía de Azara), Akodon azarae (rato das herbas de Azara) ou o Synallaxis azarae. Unha crista da Lúa, Dorsum Azara, débelle tamén o seu nome.

Adiantou a posibilidade da evolución das especies que máis tarde desenvolvería Charles Darwin. Este tiña en grande estima a obra de Azara (a pesar de que el non fose un naturalista profesional) e en varias das súas obras citouno como autoridade.

NotasEditar

  1. Dictionary of Scientific Biography, vol. 1. New York, Charles Scribner's Sons, 1970, páxs. 351-352, iSBN 0684101149}}

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar