Barbuñales
Barbuñales (Barbuñals en aragonés) é un concello español da provincia de Huesca, situado na comarca do Somontano de Barbastro. A súa poboación era de 116 habitantes en 2005, sobre unha área superficial de 18,75 km², o que lle confería unha densidade de 6,19 hab/km². Dista 42 km da cidade de Huesca.
XeografíaEditar
Dentro do termo municipal está comprendido o lugar despoboado de Lizana, orixe probábel dun apelido común no Bajo Aragón e Matarraña, ás veces tido por navarro.
Sitios de intereseEditar
- Igrexa parroquial de San Lourenzo, de estilo barroco, datada en 1666.
- capela da familia Azara, co sepulcro neoclásico de José Nicolás de Azara.
- Ermida de Santa Bárbara (restaurada hai pouco).
- Fonte das Calzadas (1571).
- Casa dos Azara, con pedra de armas.
FestasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barbuñales |