Abrir o menú principal

Expansión do piso oceánico

Idade do fondo oceánico. En vermello o máis novo, xunto ás dorsais, por exemplo na centroatlántica. En azul o máis antigo, por exemplo, xunto ás costas norteafricana e norteamericana.
Placas nas que se divide a superficie terrestre, segundo a teoría da tectónica de placas.

A expansión dos fondos oceánicos ocorre nas dorsais oceánicas, onde se forma unha nova cortiza oceánica mediante a actividade volcánica e o movemento gradual do fondo afastándose da dorsal. Este feito axuda a entender a deríva continental explicada pola teoría da tectónica de placas.[1]

Teorías anteriores (por exemplo, a de Alfred Wegener) sobre deríva continental supuñan que os continentes eran transportados a través do mar. A idea de que o propio fondo mariño móvese (e arrastra aos continentes con el) mentres se expande desde un eixo central foi proposta por Harry Hess da Universidade de Princeton na década de 1960.[2] A teoría acéptase amplamente na actualidade, e crese que o fenómeno é causado por correntes de convección na parte débil e plástica da capa superior do manto (denominada astenosfera na definición clásica). As maiores probas da mencionada teoría son as fosas oceánicas, as dorsais oceánicas, o magma saínte cara á superficie, o novo fondo mariño.[3]

Expansión incipienteEditar

A expansión do fondo mariño sempre comeza como un rift nunha placa continental, similar ao val do Rift existente na actualidade en África Oriental, entre o mar Vermello e os Grandes Lagos Africanos. O proceso comeza cun quecemento na base da placa continental que a converte nun material máis plástico e menos denso. Xa que os obxectos menos densos "flotan" sobre os máis densos, como prevé a isostasia, a área que se quenta abúltase, transformándose nunha ampla bóveda ("domo" ou cúpula). A medida que se alza, prodúcense fracturas que gradualmente se converten en rifts. O sistema de rifts típico consiste en tres brazos diverxentes, separados cada un por 120º de circunferencia. Estas grandes áreas denomínanse "encrucillada tripla" (triple junction, en inglés) e poden acharse en varios lugares do mundo na actualidade, sendo facilmente identificables nos mapas; por exemplo: mar Vermello-golfo de Adén-val do Rift, ou val do Níxer-costas africanas do Golfo de Guinea onde se abriu o Atlántico, separándose América do Sur.

NotasEditar

  1. Strahler, Arthur N. (1992). "10". Geología física (en castelán). Barcelona: Omega. pp. 272–6. ISBN 84-282-0770-4. 
  2. Anguita Virella, Francisco; Moreno Serraño, Fernando (1991). Procesos geológicos internos (en castelán). Madrid: Rueda. pp. 18–26. ISBN 978-84-7207-063-9. 
  3. Agueda Villar, José A.; Anguita Virella, Francisco; Araña Silvestre, Vicente; Lopez Ruiz, José; Sanchez de la Torre, Luis. "8. Tectónica de placas". Geología (en castelán). Madrid: Rueda. pp. 208–12. ISBN 84-7207-009-3. 

Véxase taménEditar