Evolución cultural

A evolución cultural é unha teoría evolutiva do cambio social. Procede da definición de cultura como "información capaz de afectar o comportamento dos individuos que adquiren doutros membros da súa especie por medio da ensinanza, imitación e outras formas de transmisión social".[1] A evolución cultural é o cambio desta información co paso do tempo.[2]

A evolución cultural, historicamente tamén coñecida como evolución sociocultural, foi desenvolvida orixinalmente no século XIX polos antropólogos derivando das investigacións de Charles Darwin sobre evolución. Hoxe, a evolución cultural converteuse na base do campo en crecemento da investigación científica en ciencias sociais, incluíndo a antropoloxía, economía, psicoloxía e estudos organizacionias. Previamente, críase que o cambio social era o resultado das adaptacións biolóxicas; os antropólogos agora normalmente aceptan que os cambios sociais orixínanse como consecuencia dunha combinación de influencias sociais, ambientais e biolóxicas (vistas nun marco de natureza fronte a crianza).[3][4]

Houbo varias maneiras de achegarse ao estudo da evolución cultural, como a teoría da herdanza dual, a evolución sociocultural, a memética, o evolucionismo cultural e outras variantes da teoría da selección cultural. Estas distintas perspectivas difiren non só na historia do seu desenvolvemento e disciplina de orixe, senón tamén en como conceptualizan o proceso de evolución cultural e as suposicións, teorías e métodos que aplican ao seu estudo. En anos recentes, houbo unha converxencia deste grupo de teorías relacionadas ata ver a evolución cultural como unha disciplina unificada por dereito propio.[5][6]

Historia

editar

Aristóteles pensaba que o desenvolemento da forma cultural (como a poesía) detense cando chega á madurez.[7] En 1873 en Harper's New Monthly Magazine, escribiuse o seguinte: "Polo principio que Darwin describe como selección natural, as palabras curtas adquiriron vantaxe sobre as palabras longas, as formas directas de expesión están adquirindo vantaxe sobre as indirectas, palabras de significado preciso teñen vantaxe sobre as ambiguas, e as expresións locais están en todas partes en desvantaxe".[8]

A evolución cultural, no sentido darwinista de variación e herdanza selectiva, podía dicirse que se remonta ao propio Darwin.[9] El argumentou que tanto os costumes (1874 p. 239) coma os "hábitos herdados" contribúen á evolución humana, fundamentando ambos na capacidade innata de adquirir a linguaxe.[10][9][11]

As ideas de Darwin, xunto coas de Comte e Quetelet, influenciaron a varios dos que agora se chaman científicos sociais de finais do século XIX e principios do XX. Hodgson e Knudsen[12] salientan a David George Ritchie e Thorstein Veblen, recoñecéndolle ao primeiro que anticipou a teoría da herdanza dual e o darwinismo universal. Malia a imaxe estereotipada do darwinismo social que se desenvolveu posteriormente no século, nin Ritchie nin Veblen eran da dereita política.

Nos primeiros anos do século XX e particularmente a primeira guerra mundial os conceptos e metáforas biolóxicos eran evitados na maioría das ciencias sociais. Incluso pronunciar a palabra evolución comportaba un "grave risco para a propia reputación intelectual."[13] As ideas darwinistas estaban tamén en declive despois do redescubrimento da xenética mendeliana, pero foron revitalizadas, especialmente por Fisher, Haldane e Wright, que desenvolveron os primeiros modelos de xenética de poboacións e do que se acabou coñecendo a síntese moderna.

Os conceptos de evolución cultural, ou incluso as metáforas, reviviron máis de vagar. Se houbo unha influencia individual na revitalización destas ideas, foi probablemente a de Donald T. Campbell. En 1960[14] recorreu a Wright para deseñar un paralelismo entre a evolución xenética e a "variación cega e a retención selectiva" de ideas creativas; traballo que foi desenvolvido xerando unha teoría completa da "evolución sociocultural" en 1965[15] (unha obra que inclúe referencias a outras obras propias do rexurdimento do interese neste campo que había daquela). Campbell (1965 26) deixou claro que el percibía a evolución cultural non como unha analoxía "da evolución orgánica como tal, senón como un modelo xeral de procesos case teleolóxicos dos cales a evolución orgánica é só un exemplo".

Outros buscaron analoxías máis específicas especialmente o antropólogo F. T. (Ted) Cloak que argumentou en 1975[16] en favor da existencia de instrucións culturais aprendidas (corpúsculos culturais ou i-culture, cultura de instrucións) tendo como resultado artefactos materiais (m-culture, cultura material) como as rodas.[17] O argumento así presentado sobre se a evolución cultural requiría instrucións neurolóxicas continúa hoxe en día.[Cómpre referencia]

Teoría uniliñal

editar

No século XIX considerábase que a evolución cultural seguía un padrón uniliñal no cal todas as culturas se desenvolvían progresivamente co paso do tempo. A suposición asumida subxacente era que a propia Evolución Cultural levaba ao crecemento e desenvolvemento da civilización.[3][18][19]

Thomas Hobbes no século XVII declarou que a cultura indíxena non tiña "nin artes nin letras nin sociedade" e describiuna enfrontándose á vida como "solitaria, pobre, cruel, brutal e curta." El, igual que outros eruditos do seu tempo, razoaban que todo o positivo e estimado resultou dun lento desenvolvemento afastándose deste pobre estado humilde inicial das cousas.[3]

Na teoría da Evolución Cultural uniliñal, todas as sociedades e cultura desenvólvense seguindo o mesmo camiño. O primeiro en presentar unha teoría uniliñal xeral foi Herbert Spencer. Spencer suxeriu que os humanos se desenvolven a seres máis complexos a medida que progresa a cultura, onde o pobo vivía orixinalmente en "hordas undiferenciadas" a cultura progresa e desenvólvese ata o punto no que a civiliación desenvolve xerarquías. O concepto detrás da teoría uniliñal é que a acumulación estable de coñecementos e cultura leva á separación de varias ciencias modernas dos nosos días e a acumulación de normas culturais presentes na sociedade moderna.[3][18]

No libro de Lewis H. Morgan Ancient Society (1877), Morgan distinguiu sete estadios da cultura humana: salvaxismo inferior, medio, e superior; barbarismo inferior, medio e superior; e civilización. Xustifica esta clasificaciónn en etapas facendo referencia a sociedades cuxas características culturais lembran as da súa clasificación en estadios de progresión cultural. Morgan non deu exemplos de salvaxismo inferior, xa que incluso no momento en que escribiu quedaban poucos exemplos deste tipo cultural. No momento en que expuxo a súa teoría, a obra de Morgan era moi respectada e converteuse no fundamenteo de moitos dos estudos antropolóxicos que seguiron.[3][18][19]

Particularismo cultural

editar

A finais do século XIX empezou a condena xeneralizada da teoría uniliñal. A evolución cultural uniliñal asume implicitamente que a cultura era transmitida por Europa Occidental e os Estados Unidos de América. Isto era considerdo por moitos como racista, xa que se baseaba en que unhas culturas estaban máis desenvolvidas que outras.[3]

Franz Boas, un antropólogo nacido en Alemaña, foi o investigador do movemento coñecido como "particularismo cultural" no cal a énfase pasou a un enfoque multiliñal da evolución cultural. Iso diferénciase do enfoque uniliñal que adoitaba ser o favorecido, porque xa non se comparaban as culturas, senón que estas eran avaliadas cada unha por separado. F. Boas, xunto con varios dos seus alumnos, especialmente A.L. Kroeber, Ruth Benedict e Margaret Mead, cambiaron o enfoque da investigación antropolóxica no sentido de que en vez de xeneralizar as culturas, a atención poñíase agora en recoller probas empíricas de como cada determinada cultura cambiaba e se desenvolvía.[3]

Teoría multiliñal

editar

O particularismo cultural dominou o pensamento popular durante a primeira metade do século XX antes de que os antropólogos estadounidenses Leslie A. White, Julian H. Steward, Marshall D. Sahlins e Elman R. Service, reavivaron o debate sobre a evolución cultural. Estes teóricos foron os primeiros en introducir a idea da evolución cultural multiliñal.[3]

Na teoría multiliñal non hai etapas ou estadios fixos (coma os da teorÍa uniliñal) polos que pasa o desenvolvemento cultural. No seu lugar, hai varios estadios de duracións e formas diferentes. Aínda que cada cultura se desenvolve de forma diferente e a evolución cultural ocorre de maneira distinta, a teoría multiliñal recoñece que as culturas e sociedades tenden a desenvolverse e avanzar.[3][20]

Leslie A. White centrouse na idea de que diferentes culturas tiñan diferentes cantidades de "enerxía"; White argumentaba que con maior enerxía as sociedades podían posuír maiores niveis de diferenciación social. Rexeitaba a separación das sociedades modernas das sociedades primitivas. Ao contrario, Steward argumentaba, de modo similar á teoría da evolución de Darwin, que a cultura se adapta ao ambiente que a rodea. A obra Evolution and Culture de M. D. Sahlins e E. R. Service é un intento de condensar as ideas de White e Steward nunha teoría universal da evolución multiliñal.[3]

Robert Wright aceptaba que o desenvolvemento das culturas era inevitable. Propuxo que o crecemento da poboación era un compoñente esencial da evolución cultural. A poboación ten unha relación simbiótica co desenvolvemento tecnolóxico, económico e político.[21]

Memética

editar
Artigo principal: Memética.

O libro de Richard Dawkins de 1976 The Selfish Gene propoñía o concepto de "meme", que é análogo ao de xene. Un meme é unha idea replicadora que pode reproducirse por si mesma, saltando dunha mente a outra por un proceso que consiste en que un ser humano aprende doutro por medio da imitación. Xunto con esta imaxe de "virus da mente", o meme podería considerarse como unha "unidade de cultura" (unha idea, crenza, padrón de comportamento etc.), que se espalla entre os individuos dunha poboación. A variación e selección no proceso de copia permite a evolución darwinista entre memeplexes e, polo tanto, é un candidato para ser un mecanismo de evolución cultural. Como os memes son "egoístas" porque están "interesados" soamente no seu propio éxito, poderían perfectamente estar en conflito cos intereses xenéticos dos seus hóspedes biolóxicos. En consecuencia, ver as cousas cos "ollos dun meme" podería servir para explicar a evolución de certas características culturais, como o terrorismo suicida, que teñen éxito en espallar o meme do martirio, pero son fatais para os seus hóspedes e a miúdo para outras persoas.

Epistemoloxía evolutiva

editar

"Epistemoloxía evolutiva" pode tamén referirse a unha teoría que aplica os conceptos de evolución biolóxica ao crecemento do coñecemento humano e argumenta que as propias unidades do coñecemento, particularmente as teorías científicas, evolucionan de acordo coa selección. Nese caso, unha teoría, como a teoría do xerme das enfermidades, chega a ser máis ou menos crible segundo os cambios no corpo de coñecementos que a rodean.

Unha das marcas distintivas da epistemoloxía evolutiva é a noción de que as probas empíricas por si soas non xustifican o valor pragmático de teorías científicas senón que os procesos sociais e metodolóxicos seleccionan aquelas teorías que son máis "axeitadas" ante un problema dado. O simple feito de que unha teoría sobrevivise ás probas empíricas máis rigorosas dispoñibles non predí, no cálculo de probabilidades, a súa capacidade de sobrevivir a futuros tests. Karl Popper utilizou a física newtoniana como un exemplo dun corpo de teorías tan amplamente confirmado pola realización de probas como para ser considerdo irrefutable, pero malia todo foi mellorada polas ideas atrevidas de Albert Einstein sobre a natureza do espazo-tempo. Para a epistemoloxía evolutiva, todas as teorías son verdadeiras só provisoriamente, sen importar o grao de probas empíricas ao que sobreviviran.

Popper é considerado por moitos como o que lle deu á epistemoloxía evolutiva o seu primeiro tratamento completo, pero foi Donald T. Campbell o que acuñou o termo en 1974.[22]

Teoría da herdanza dual

editar

A teoría da herdanza dual, tamén coñecida como coevolución xenes-cultura ou evolución biocultural,[23] desenvolveuse entre as décadas de 1960 e 1980 para explicar que o comportamento humano é un produto de dous procesos evolutivos diferentes e interaccionantes: a evolución xenética e a evolución cultural. Na TID, defínese cultura como a información ou comportamento adquirido por medio da aprendizaxe social. Un dos principios centrais desta teoría é que a cultura evoluciona parcialmente por medio do proceso de selección darwinista, a cal os teóricos da herdanza dual describen a miúdio por analoxía coa evolución xenética.[24]

Críticas e controversias

editar

Como campo científico relativamente novo e en crecemento que é, a evolución cultural está experimentando moito debate formativo. Algunhas das discusións máis prominentes son arredor do darwinismo universal,[15][25] a teoría da herdanza dual[26] e a memética.[27][28][29][30]

Máis recentemente, a evolución cultural suscitou debates desde fontes multidisciplinares con movementos cara a unha visión unificada entre as ciencias naturais e sociais. Segue habendo algunhas acusacións de reducionismo biolóxico, en oposición ao naturalismo cultural, e os esforzos científicos están a miúdo erradamente asociados ao darwinismo social. Porén, algúns paralelismos útiles entre a evolución biolóxica e social aínda parece que se poden atopar.[31]

As críticas dos investigadores Alberto Acerbi e Alex Mesoudi á Evolución Cultural céntranse na ambigüidade que rodea a analoxía entre a evolución xenética e a cultural. Eles aclaran a distinción entre selección cultural (replicación con alta fidelidade de caracteres) e atracción cultural (reconstrución de caracteres con menos fidelidade). Argumentan que coexisten ambos os mecanismos na evolución cultural, facéndoa esencial para determinar empiricamente a súa prevalencia en diferentes contextos, o que produce confusión nese campo.[32]

Crítica do enfoque histórico na explicación da evolución cultural

editar

A evolución cultural foi criticada nos últimos dous séculos pola foma en que se consideraba que avanzaba no seu desenvolvemento. A teoría da evolución de Morgan implica que todas as culturas seguen o mesmo padrón básico. A cultura humana non é liñal, diferentes culturas desenvólvense en distintas direccións e con diferentes ritmos, e non é satisfactorio nin produtivo asumir que as culturas se desenvolven do mesmo modo.[33]

Unha crítica clave adicional do evolucionismo cultural é o que se coñece como "antropoloxía de sofá". O nome resulta do feito de que moitos dos antropólogos que propoñen teorías non viron de primeira man as culturas que están a estudar. As investigacións e recollida de datos foron realizadas por exploradores e misioneiros no canto de polos propios antopólogos. Edward Tylor foi o epítome diso e fixo moi poucas investigacións propias.[29][33] A evolución cultural é tamén criticada por ser etnocéntrica; as distintas culturas aínda se ven como que están intentando emular a civilización occidental. Desde o etnocentrismo, dise que as sociedades primitivas non están aínda no nivel cultural doutras sociedades occidentais.[33][34]

Moitas das críticas dirixidas á evolución cultural están enfocadas na estratexia uniliñal do cambio social. En termos xerais, na segunda metade do século XX as críticas da evolución cultural foron respondidas pola teoría multiliñal. O etnocentrismo, por exemplo, é máis frecuente dentro da teoría uniliñal.[33][29][34]

Algúns enfoques recentes, como a teoría da herdanza dual, fan uso de métodos empíricos, incluíndo estudos psicolóxicos e con animais, investigación de campo no sitio e modelos computacionais.[35]

  1. Richerson, Peter J.; Boyd, Robert (2005). Not by genes alone : how culture transformed human evolution. Chicago: University of Chicago Press. ISBN 978-0226712840. OCLC 54806438. 
  2. "What is Cultural Evolution". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2021. Consultado o 2018-06-22. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 "cultural evolution | social science". Encyclopedia Britannica. Consultado o 2017-03-30. 
  4. "Cultural Evolution Theory Definition". ThoughtCo. Consultado o 2017-03-30. 
  5. Mesoudi, Alex; Whiten, Andrew; Laland, Kevin N. (2006-08-01). "Towards a unified science of cultural evolution". The Behavioral and Brain Sciences 29 (4): 329–347; discussion 347–383. ISSN 0140-525X. PMID 17094820. doi:10.1017/S0140525X06009083. 
  6. Mesoudi, Alex (2011). Cultural Evolution: How Darwinian theory can explain human culture and synthesize the social sciences. Chicago, IL: University of Chicago Press. ISBN 9780226520445. 
  7. Edel, Abraham (1 de xaneiro de 1995). Aristotle and His Philosophy. Transaction Publishers. ISBN 9781412817462 – vía Google Books. 
  8. The Information: A History, A Theory, A Flood, by James Gleic, 2012, p. 174
  9. 9,0 9,1 Richerson, P.J. and Boyd. R. (2010) The Darwinian theory of human cultural evolution and gene-culture coevolution. Chapter 20 in Evolution Since Darwin: The First 150 Years. M.A. Bell, D.J. Futuyma, W.F. Eanes, and J.S. Levinton, (eds.) Sinauer, pp. 561-588.
  10. Darwin 1871, p. 74.
  11. Price, I. (2012b) Organizational Ecologies and Declared Realities, In K. Alexander and I. Price (eds.) Managing Organizational Ecologies: Space, Management and Organization. Nova York, Routledge, 11-22.
  12. Hodgson, G.M. and Knudsen, T. (2010). Darwin's Conjecture: The Search for General Principles of Social and Economic Evolution. Chicago, University of Chicago Press.
  13. Jürgen Essletzbichler. Darwin's Conjecture. The Search for General Principles of Social and Economic Evolution. Xullo de 2011. Regional Studies 45(7):1015-1016 45(7):1015-1016. DOI:10.1080/00343404.2011.593885 .
  14. Campbell, D. T. (1960). "Blind variation and selective retention in creative thought as in other knowledge processes". Psychological Review 67 (6): 380–400. PMID 13690223. doi:10.1037/h0040373. 
  15. 15,0 15,1 Campbell, D. T. (1965). "Variation and selective retention in socio-cultural evolution". Social Change in Developing Areas, a Reinterpretation of Evolutionary Theory.
  16. Cloak, F. T. (1975). "Is a Cultural Ethology Possible?". Human Ecology 3(3) 161–182.
  17. Cloak, F. T. (1968). "Cultural Darwinism: Natural selection of the spoked wheel"
  18. 18,0 18,1 18,2 "unilinear cultural evolution". Oxford Reference. Consultado o 2024-05-15. 
  19. 19,0 19,1 "Cultural Evolutionism, Anthropology, Cultural Anthropology, Definition of Anthropology, Anthropology Definition, Physical Anthropology, Sociology Guide". www.sociologyguide.com. Consultado o 2017-03-30. 
  20. "multilinear cultural evolution". Oxford Reference. Consultado o 2024-05-15. 
  21. Wright, Robert (2001-04-20). Nonzero: The Logic of Human Destiny (en inglés). Knopf Doubleday Publishing Group. ISBN 978-0-375-72781-8. 
  22. Schilpp, P. A., ed. The Philosophy of Karl R. Popper. LaSalle, IL. Open Court. 1974. See Campbell's essay, "Evolutionary Epistemology" on pp. 412–463.
  23. O'Neil, Dennis. "Glossary of Terms". Modern Theories of Evolution. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2017. Consultado o 28 de outubro de 2012. 
  24. Richerson, Peter J.; Boyd, Robert (2005). Not By Genes Alone: How Culture Transformed Human Evolution. Chicago: University of Chicago Press. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2006. Consultado o 17 de xullo de 2016. 
  25. Cziko, Gary (1995) Without Miracles: Universal Selection Theory and the Second Darwinian Revolution (MIT Press)
  26. E. O. Wilson, Consilience: The Unity of Knowledge, Nova York, Knopf, 1998.
  27. Dawkins, Richard (1989). The Selfish Gene (2ª ed.). United Kingdom: Oxford University Press. ISBN 0-19-286092-5.
  28. Blackmore, Susan (1999) The Meme Machine (1ª ed.). Oxford University Press. ISBN 0198503652.
  29. 29,0 29,1 29,2 "Disciplines and Institutions. What is Armchair Anthropology? – CRASSH". www.crassh.cam.ac.uk. 8 de xullo de 2012. Consultado o 2017-03-30. 
  30. Dennett, Daniel C. (2005), Darwin's Dangerous Idea, Touchstone Press, Nova York. pp. 352–360.
  31. Grinin, L.; Markov, A.; Korotayev, A. (2013). "On similarities between biological and social evolutionary mechanisms: Mathematical modeling". Cliodynamics: The Journal of Quantitative History and Cultural Evolution 4 (2). doi:10.21237/C7CLIO4221334. 
  32. "The Trouble with Cultural Evolution - The Philosophers' Magazine". www.philosophersmag.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2024. Consultado o 2023-10-02. 
  33. 33,0 33,1 33,2 33,3 "Theory + Anthropology [licenza só para uso non comercial] / Cultural Evolution". anthrotheory.pbworks.com. Consultado o 2017-03-30. 
  34. 34,0 34,1 "Evolutionary Theories of Social Change | Cape Sociology". capesociology.org. Consultado o 2017-03-30. 
  35. Mesoudi, Alex; Whiten, Andrew; Laland, Kevin N. (agosto de 2006). "Towards a unified science of cultural evolution". Behavioral and Brain Sciences 29 (4): 329–347. ISSN 1469-1825. PMID 17094820. doi:10.1017/S0140525X06009083. 

Referencias citadas

editar
  • Bock, Kenneth E. (1956). The Acceptance of Histories: Toward a Perspective for Social Science. Berkeley: University of California Press. 
  • Bock, Kenneth E. (1978). "Theories of Progress, Development, Evolution". En Bottomore, T.; Nisbet, R. A History of Sociological Analysis. New York: Basic Books. pp. 39–79. 
  • Bowler, Peter J. (1984). Evolution: The History of an Idea. Berkeley: University of California Press. 
  • Darwin, C. R. (1871). The Descent of Man and Selection in Relation to Sex. John Murray. 
  • Degrood, David H. (1976). Philosophies of Essence: An Examination of the Category of Essence. Amsterdam: B. R. Gruner Publishing Company. 
  • Dietz, Thomas; Burns, Thomas R.; Buttel, Frederick H. (1990). Evolutionary Theory in Sociology: An Examination of Current Thinking. Sociological Forum 4. pp. 47–70. doi:10.1007/BF01112616. 
  • Fernlund, Kevin Jon. "The Great Battle of the Books between the Cultural Evolutionists and the Cultural Relativists, from the Beginning of Infinity to the End of History” in the Journal of Big History 4, 3 (2020): 6-30.
  • Lennox, James G. (1987). "Kinds, Forms of Kinds and the More and the Less in Aristotle's Biology". En Gotthelf, A.; Lennox, J.G. Philosophical Issues in Aristotle's Biology. Cambridge, MA: Cambridge University Press. pp. 339–359. 
  • Lovejoy, Arthur O. (1936). The Great Chain of Being. Cambridge, MA: Harvard University Press. 
  • McLaughlin, Paul (1998). Rethinking the Agrarian Question: The Limits of Essentialism and the Promise of Evolutionism. Human Ecology Review 5. pp. 25–39. 
  • McLaughlin, Paul (2012). "The Second Darwinian Revolution: Steps Toward a New Evolutionary Environmental Sociology". Nature and Culture 7 (3): 231–258. doi:10.3167/nc.2012.070301. 
  • Nisbet, Robert (1969). Social Change and History. Nova York: Oxford University Press. 
  • Richards, Richard A. (2010). The Species Problem: A Philosophical Analysis. Nova York: Cambridge University Press. 
  • Rist, Gilbert (2002). The History of Development: From Western Origins to Global Faith. Nova York: Zed Books. 
  • Sober, Elliot (1980). Evolution, Population Thinking, and Essentialism. Philosophy of Science 47. pp. 350–383. doi:10.1086/288942. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar

Primeiros libros fundacionais

editar

Libros modernos de revisión

editar

En economía evolutiva

editar

En bioloxía evolutiva

editar
  • Jablonka, E., Lamb, M.J., (2014). Evolution in Four Dimensions, revised edition: Genetic, Epigenetic, Behavioral, and Symbolic Variation in the History of Life. MIT Press.
  • Gould, S. J.; Vrba, E. S. (1982). "Exaptation – a missing term in the science of form". Paleobiology 8 (8): 4–15. Bibcode:1982Pbio....8....4G. doi:10.1017/S0094837300004310. 

Traballos empíricos de alto peril

editar

En estudos organizacionais

editar

Memética organizacional

editar
  • Csikszentmihalyi, M. (1988). "Society, culture, and person: a systems view of creativity". En Sternberg, R. J. The Nature of Creativity: Contemporary Psychological Perspectives. New York: Cambridge University Press. pp. 325–39. 
  • Price, I (1995). "Organisational memetics?: Organisational learning as a selection process" (PDF). Management Learning 26 (3): 299–318. doi:10.1177/1350507695263002. 
  • Deacon, T. W. (1999). "Memes as Signs in the Dynamic Logic of Semiosis: Molecular Science meets Computation Theory". 
  • Lord, A. S.; Price, I. (2001). "Reconstruction of organisational phylogeny from memetic similarity analysis: Proof of feasibility". Journal of Memetics—Evolutionary Models of Information Transmission 5 (2). 
  • Hodgson, G. M.; Knudsen, T. (2008). "Information, complexity and generative replication". Biology and Philosophy 43: 47–65. doi:10.1007/s10539-007-9073-y. hdl:2299/3277. 
  • Langrish, J. Z. (2004). "Darwinian Design: The Memetic Evolution of Design Ideas". Design Issues 20 (4): 4–19. doi:10.1162/0747936042311968. 
  • Weeks, J.; Galunic, C. (2003). "A theory of the cultural evolution of the firm: The intra-organizational ecology of memes". Organization Studies 24 (8): 1309–1352. doi:10.1177/01708406030248005. 

Lingüística evolutiva

editar
  • Kirby, S. (2007). "The evolution of language". En Dunbar, R; Barret, L. Oxford handbook of evolutionary psychology. Oxford: Oxford University Press. pp. 669–681. 
  • Feldman, C. F. (1987). "Thought from Language: the linguistic construction of cognitive representations". En Bruner, J.; Haste, H. Making. 

Ligazóns externas

editar