Abrir o menú principal

J. B. S. Haldane

xenetista e biólogo evolutivo inglés

John Burdon Sanderson Haldane FRS, nado en Oxford o 5 de novembro de 1892, e finado en Bhubaneswar, na India o 1 de decembro de 1964, foi un xenetista e biólogo evolutivo inglés. Xunto con Ronald Fisher e Sewall Wright, foi un dos fundadores da xenética de poboacións.

J. B. S. Haldane
Haldane.jpg
Nacemento5 de novembro de 1892
 Oxford
Falecemento1 de decembro de 1964
 Bhubaneswar
Causacancro
NacionalidadeReino Unido, India e Raj Británico
Relixiónateísmo
Alma máterEton College, Dragon School e Universidade de Oxford
Ocupaciónbiólogo, xenetista, catedrático de universidade, fisiólogo e bioquímico
PaiJohn Scott Haldane
CónxuxeCharlotte Haldane e Helen Spurway
IrmánsNaomi Mitchison
PremiosMedalha Darwin, Prémio de Genética Kimber, Medalha Darwin-Wallace, Honorary doctor of the University of Groningen, Croonian Lecture, Medalha Linneana e Baly Medal
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

A súa principal contribución consistiu nunha serie de artigos recompilados en A Mathematical Theory of Natural and Artificial Selection e resumidos en The Causis of Evolution (1932). Neses artigos Haldane estudaba dous aspectos fundamentais de cara a matematización da teoría evolutiva: a dirección e as taxas de cambio de frecuencias xénicas e a interacción da selección natural coa mutación e a migración. Non obstante, Haldane admitía diversas causas evolutivas, comoa a saltación e a ortoxénese, independentemente do protagonista da selección natural (Gould 2002, p. 543).

O traballo de Haldane converteuse nunha das principais contribucións á teoría evolutiva sintética ou síntese moderna, que restablece a selección natural como o mecanismo esencial do cambio evolutivo, explicándoo en termos de consecuencias matemáticas da xenética mendeliana.

Haldane desenvolveu tamén o "principio de Haldane", segundo o que afirma que o tamaño dos seres vivos define a complexidade dos seus órganos internos. No ano 1958 foi galardoado pola Sociedade Linneana de Londres coa Medalla Darwin-Wallace.

Pensamento políticoEditar

Haldane foi marxista militante e membro do Partido Comunista. Tamén participou na Guerra Civil Española.

ObraEditar

  • (1923) Daedalus; or, Science and the future; a paper read to the Heretics, Cambridge
  • (1924) A mathematical theory of natural and artificial selection.
  • (1927) Animal Biology
  • (1928) Possible Worlds and Other Essays
  • (1928) On Being the Right Size
  • (1930) Enzymes
  • (1932) The Inequality of Man
  • (1933) Science and the Supernatural: A correspondence between Arnold Lunn and J. B. S. Haldane
  • (1934) If....
  • (1934) Human Biology and Politics
  • (1934) My Friend Mr. Leakey (children's story)
  • (1937) A Dialectical Account of Evolution
  • (1937) The linkage between the gens for colour-blindness and haemophilia in man. Julia Bell; J.B.S. Haldane
  • (1937) The Causis of Evolution (ISBN 0-691-02442-1)
  • (1938) The Marxist Philosophy and the Sciences
  • (1938) Heredity and Politics
  • (1938) Reply to A.P. Lerner's Is Professor Haldane's Account of Evolution Dialectical?
  • (1939) Preface to Engels' Dialectics of Nature
  • (1939) From The Marxist Philosophy and the Sciences
  • (1940) Lysenko and Genetics
  • (1940) Why I am a Materialist
  • (1941) The Laws of Nature
  • (1941) New Paths in Genetics
  • (1949) What is Life?
  • (1954) The Origin of Life
  • (1954) Biochemistry of Genetics
  • (1957) The cost of natural selection
  • (1963) Little Science, Big Science

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Bryson (2003) A Short History of Nearly Everything pàg. 300-302; ISBN 0-552-99704-8
  • Clark (1968) JBS: The Life and Work of J.B.S. Haldane ISBN 0-340-04444-6
  • Geoffrey Zubay et al, Biochemistry (2nd ed., 1988), enzyme kinetics, pàg. 266-272; MacMillan, Nova York ISBN 0-02-432080-3.