Evaristo Suárez Alberte

mestre e político galego

Evaristo Suárez Alberte, nado en Esgos o 23 de outubro de 1882[1] e finado no mesmo concello a principios de xuño de 1934,[2] foi un mestre e político galego.

Evaristo Suárez Alberte
Nacemento23 de outubro de 1882
 Esgos
Falecementoxuño de 1934
 Esgos
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi mestre en Seadur (1908), Carballeda de Avia (1910) e na Escola do Areal de Vigo (1918-1932). Foi concelleiro en Vigo de setembro de 1924 a 1926 e participou na homenaxe aos mestres de Moaña que que loitaron contra o caciquismo nos anos vinte.[3] Despois foi director do Grupo Escolar do Carballiño (1932-1934). Pertenceu a Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense, que chegou a presidir provisionalmente en setembro de 1932 substituíndo a Albino Núñez Domínguez, deixando paso en decembro dese ano a Luís Soto. Seguiu formando parte do consello de redacción da revista Escuela del Trabajo.

Vida persoalEditar

Casou con María Rodríguez González.

NotasEditar

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 66. 
  2. El Pueblo Gallego, 5-6-1934, p. 14.
  3. Cid Fernández, Xosé Manuel (1989). Escolas e mestres. A educación en Galicia: da Restauración á Segunda República. Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia. p. 283.