Eutarico Cílica, Eutarico Ciliga ou Flavio Eutarico Cilica (en latín Flavius Eutharicus Cilica), nado cara ao 480 e finado no 522, foi un príncipe ostrogodo do reino visigodo que, a principios do século VI, desempeñou o consulado romano, xunto ao emperador bizantino Xustino I (reinado 518–527), quen o adoptou como "filius per arma".

Eutarico
Nacementoséculo V
Falecemento522
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónpolítico
PaiVeterico
CónxuxeAmalasunta
FillosAtalarico e Matasunta
Na rede
WikiTree: Amali-10
editar datos en Wikidata ]

Era xenro do rei ostrogodo Teodorico, o Grande (reinado 474–526), quen o nomeou como herdeiro, mais morreu no 522 aos 42 anos, antes de poder herdar o título do seu sogro. Teodorico alegou que Eutarico era un descendente da casa real ostrogoda dos Amalos e pretendía que o seu casamento con Amalasunta, filla de Teodorico, conseguise a unión dos reinos godos, continuase a dinastía de Teodorico e fortalecese o control godo sobre o Mediterráneo occidental fronte ao pulo ascendente dos francos.

Reino Visigodo de Alarico II (reinado 484–507) en 500

Mentres Eutarico foi nominalmente un estadista, político e soldado do Imperio Romano de Oriente, tamén era un cristián ariano, que chocou en diversas ordes coa maioría católica. Durante o seu consulado no 519, as relacións co Imperio Bizantino floreceron e o cisma acaciano entre as Igrexas Oriental e Occidental foi solucionado. Como cónsul aplicou a política tolerante de Teodorico nas relacións cos xudeus, mais non foi tan tolerante coas tradicións católicas locais provocando o seu resentimento. Tras algúns disturbios en Rávena, onde os católicos incendiaron algunhas sinagogas, a posición pro-xudía de Eutarico foi exposta con resentimento nunha fragmentada crónica coetánea, o Anónimo Valesiano.

Pouco despois da súa morte, seu fillo Atalarico ocupou o trono, brevemente, pois morreu con 18 anos. Daquela, a viúva de Eutarico permaneceu en Italia até a súa morte a mans do seu curmán Teodato en 535.[1][2]

Traxectoria editar

Infancia editar

Eutarico naceu polo 480, e era membro da familia nobiliaria ostrogoda dos Amalos.[3] A súa liñaxe foi trazada por Xordanes, que relatou na Gética que Eutarico era fillo de Veterico, neto de Berismundo, bisneto de Turismundo (quen foi rei dos visigodos entre 451 a 453)[4] e tataraneto de Hunimundo, o Mozo (estes dous últimos foron reis ostrogodos a finais do século IV e comezo do V); este era fillo de Hermanarico e este de Achiulfo.

Eutarico creceu en Hispania, no Reino visigodo de Toledo, onde tiña reputación de ser "un mozo forte en sabedoría e valor e saúde de corpo".[5][6] Máis tarde el convertesuse en filius per arma (fillo en armas) do emperador bizantino Xustino I (reinado 518–527), o que podería indicar que ocupou parte da súa infancia como soldado.[7]

A relevancia de Eutarico no mundo gótico e romano era elevada, o que chamou a atención de Teodorico, o Grande (reinado de 474–526), co que estaba emparentado a través de Hermanarico.[6][8] Este foi un rei ostrogodo que gobernara un vasto territorio ao norte do mar Negro, na rexión de Oium, do cal Eutarico era descendente en 5ª grao pois Teodorico era descendente de Vultulfo, o irmán máis vello de Hermanarico.[9][10]

 
Siliqua de Teodorico, o Grande (reinado 474–526)

Polo final do século V, Teodorico era rei dos ostrogodos e gobernaba a Italia, Dalmacia e Pannonia coa capital en Rávena e, a maiores, era un aliado próximo ao emperador bizantino Zenón I (reinadi do 474–475; 476–491). A pesar de haber unha tensión entre Teodorico e o sucesor imperial Anastasio I Dicoro (r. 491–518), Xustino I durante seu reinado procurou reconciliarse con el, pois a súa influencia no mundo bárbaro tornábao un aliado poderoso.[11][12] Tendo traballo ao longo da súa vida para estabelecer un reino e fortalecer relacións coa Igrexa e Roma, Teodorico pretendía estabelecer unha dinastía. O seu casamento con Audofleda, con todo, procurou tan só unha filla, Amalasunta. Polo tanto, para alcanzar súas ambicións, Teodorico tiña que garantir a escolla dun xenro cunha liñaxe forte igual á súa. As súas investigacións nas liñaxes reais góticas, que estaban por aquel tempo amplamente distribuídas a través da Europa, levárono até Hispania. Alí, descubriu Eutarico, o último herdeiro doutro ramo dos Amalos, que tiña recentemente asumido a rexencia de Hispania.[6] Con todo, estudos máis recentes, con todo, suxiren que a liñaxe de Eutarico como propia dos Amalos puido ser unha invención de Teodorioco para axuda-la ambición de estabelecer a continuidade dinástica.[13] Segundo a Gesta Theoderici, Eutarico pertenceu aos Alanos en vez da dinastía dos Amalos.[14] Mentres Xordanes, na súa historia dos godos, fai referencia á prudencia e á virtude (prudentia et virtus) de Eutarico; iso tamén puido ser unha creación de Teodorico. Estas cualidades eran recoñecidas como requisitos da ideoloxía etnográfica gótica, expresando un código de civilidade deles. Sería altamente beneficioso para o xenro escollido no caso de que el as tiver.[15]

Corte de Teodorico editar

 
Miniatura de Casiodoro proveniente da Crónica de Nuremberg

No 515, Eutarico respondeu á chamada de Teodorico, o Grande e mudouse para a corte ostrogoda en Rávena. Alí, recibiu a Amalasunta en casamento[9][16] e foi aclamado como herdeiro.[3] Mentres, en Italia, desempeñou un importante papel político no reino ostrogótico pois conseguiu a estima da corte e, ao mesmo tempo, era respectado polos romanos. Porén, os autores católicos do período indican que, mentres o seu sogro era valorado pola súa política de tolerancia, Eutarico actuou máis como un "ariano fanático".[17]

No 498, como vicexerente imperial nominal de Italia, Teodorico recibira o dereito de nomear o candidato consular occidental para cada ano. Con todo, impuxéraselle, tamén, unha restrición: só podía seleccionar cidadáns romanos para esa posición. Mais para ascender Eutarico, o rei desexaba facelo cónsul para o ano 519. Así, para evita-la restrición imposta para os nomeamentos, e como un favor para Teodorico, Eutarico foi nomeado para esa posición polo propio Xustino I en xaneiro do 519.[17]

Ao garantirlle a cidadanía romana, aceptalo como co-cónsul e denominalo como "fillo-en-armas", Xustino I conseguiu estreitar os lazos con Teodorico. Alén diso, Xustino I favoreceu aínda máis ao concederlle o consulado sénior.[13][18] Está acreditado que as celebracións que marcaron o seu ascenso festexáronse con "presentacións magníficas de bestas salvaxes traídas da África" e que un diplomático en misión na Italia, o patricio Símaco, estaba "maravillado coas riquezas dadas polos godos e romanos".[19]

Durante este período, foi loubado por Casiodoro no senado[20] nun eloxio no cal era comparado cos grandes cónsules do pasado. A pequena Crónica, que Cassiodoro escribiu para parabenizalo polo seu consulado, é coñecida por centrarse no ascenso de Eutarico dende unha posición de gran honra civil, en vez das vitorias militares, como sería máis común para o pasado da nobreza gótica.[21] O seu período como cónsul é retratado amplamente como un período de prosperidade para o Imperio Romano do Occidente no que se promulga un código de civilidade. En marzo de 519, o cisma acaciano que separara as igrexas Oriental e Occidental durante os 35 anos anteriores, quedara rematado e as igrexas reconciliadas.[3][21] Como complemento á prosperidade sentida polos pobos do Imperio Romano, o ano do consulado de Eutarico tamén foi descrito como semellando "(un ano) de relucente promesa para o Reino Ostrogodo".[10]

A crónica católica coetánea de Anónimo Valesiano retrata a Eutarico dende un punto de vista negativo, afirmando que era un home rudo e inimigo da fe católica[22] e que tomaría partido polos xudeus nos disturbios antixudeus en Rávena sobre os dereitos de congregación xudía nas súas sinagogas.[10] Este desacordo suscitou un conflito entre arianos e católicos no que o ariano Eutarico escolleu axudar os xudeus. Pénsase que a indignación manifestada polos católicos naquela acción foi motivada por ser Eutarico un símbolo da reciente reconciliación entre as Igrexas oriental e occidental baixo a dirección de Teodorico.[23] No evento en cuestión, as sinagogas de Rávena e Roma foron incendiadas por cristiáns, e Teodorico, que estaba en Verona, ordenou que os incendiarios pagasen a reconstrución das sinagogas.[24]

 
Follis do rei Teodato (reinado 534–536)

Morte e legado editar

Eutarico morreu no 522 con 42 anos, menos de tres anos despois do seu consulado.[25] A súa morte causou problemas a Teodorico, que viu frustrados os seus intentos de uni-los dous reinos e establecer unha dinastía.[18] Aínda que Eutarico e Amalasunta tiveron un fillo chamado Atalarico que nacera en 516, e unha filla chamada Matasunta, a dinastía non conseguiu establecerse de xeito definitivo.[26]

Teodorico nomeou a Atalarico como o seu herdeiro no 526, e a nai de Atalarico actuou como rexente do seu fillo trala morte do rei aquel ano. Igualmente, Atalarico morreu en outubro de 534, aos 18 anos.[27]

Para manter o seu poder, Amalasunta asociou ao seu curmán Teodato (reinado 534–536) ao trono. Aínda que xurara fidelidade a Amalsaunta, Teodato sentíase inseguro e, en decembro de 534, mandou prender a Amalasunta e confinouna nunha illa do lago Bolsena, onde foi posteriormente asasinada o 30 de abril de 535.[27]

Notas editar

  1. Wolfram (1998), p. 338
  2. Xordanes, LIX, p. 51
  3. 3,0 3,1 3,2 Burns (1984), p. 92
  4. Xordanes, Getica, cap. XIV, p. 81
  5. Xordanes, Getica, cap. LVIII, p. 298
  6. 6,0 6,1 6,2 Bury (1958), p. 151
  7. Amory (1997), p. 65
  8. Goetz & Jarnut & Pohl (2003), p. 93
  9. 9,0 9,1 Hodgkin (1891), capítulo XIII
  10. 10,0 10,1 10,2 O'Donnell (1979): Cassiodorus, capítulo 2
  11. Mitchell (2006), p. 120
  12. Barker (1975), p. 148
  13. 13,0 13,1 Wolfram (19909, p. 328
  14. Bachrach (1973), p. 97
  15. Amory (1997), pp. 58; 451
  16. Martindale (1980), p. 438
  17. 17,0 17,1 Bradley (2005), p. 176
  18. 18,0 18,1 Heather (1996), p. 253
  19. Casiodoro (século VI), p. 1364
  20. Barnish (1992), Var. ix.25
  21. 21,0 21,1 Amory (1997), p. 66
  22. Anónimo Valesiano (século VI), 14.80
  23. Amory (1997), p. 215
  24. Anónimo Valesiano (século VI), 14.81-82
  25. Barker (1975), p. 249
  26. Bury (1958), p. 152
  27. 27,0 27,1 Heather (1996), p. 262

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Fontes primarias editar

  • Anónimo Valesiano (século VI)
  • Casiodoro (século VI). Crónica

Fontes secundarias editar

  • Amory, Patrick (1997). People and Identity in Ostrogothic Italy, 489–554 (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-57151-0. 
  • Bachrach, Bernard S. (1973). A History of the Alans in the West from Their First Appearance in the Sources of Classical Antiquity through the Early Middle Ages (en inglés). Minneapolis: University of Minnesota Press. ISBN 978-0816656998. 
  • Barker, John W. (1975). Justinian and the Later Roman Empire (en inglés). Madison (WI): University of Wisconsin Press. ISBN 0-299-03944-7. 
  • Barnish, S.J.B. (1992). The variae of Magnus Aurelius Cassiodorus Senator: being documents of the Kingdom of the Ostrogoths in Italy (en inglés). Liverpool: Liverpool University Press. ISBN 0-85323-436-1. 
  • Burns, Thomas (1984). A History of the Ostrogoths (en inglés). Bloomington: Indiana University Press. 
  • Bury, John Bagnell (1958). History of the Later Roman Empire: From the Death of Theodosius I to the Death of Justinian (en inglés) II. Mineola (NY): Dover Publications, Incorporated. ISBN 0-486-20399-9. 
  • Goetz, Werner; Jarnut, Jorg; Pohl, Walter (2003). Regna and Gentes: The Relationship Between Late Antique and Early Medieval Peoples and Kingdoms in the Transformation of the Roman World. Serie Transformation of the Roman World, nº 13 (en inglés). Leiden / Boston: Brill Academic. ISBN 978-9004125247. 
  • Heather, Peter (1996). The Goths (en inglés). Oxford: Blackwell Publishers. ISBN 0-631-16536-3. 
  • Hodgkin, Thomas (1891). Theodoric the Goth, the barbarian champion of civilization (en inglés). Nova York / Londres: G. P. Putnam's sons. 
  • Martindale, J. R.; Jones, Arnold Hugh Martin; Morris, John (1980). The prosopography of the later Roman Empire (en inglés). Vol. 2 (395 - 527). Cambridge / Nova York: Cambridge University Press. ISBN 9780521201599. 
  • Xordanes (1908). Mierow, Charles C., ed. Getica (en inglés). Princeton: Dodo Press. 
  • Mitchell, Stephen (2006). History of the Later Roman Empire, AD 284-641: The Transformation of the Ancient World (en inglés). Hoboken (NJ): Wiley-Blackwell. ISBN 1405108576. 
  • O'Donnell, James J. (1979 -reimpr. en 1995). Cassiodorus (en inglés). (publicación on-line). Berkeley / Os Ánxeles / Londres: University of California Press. 
  • Wolfram, Herwig (1990). History of the Goths (en inglés). Berkeley / Os Ánxeles / Londres: University of California Press. ISBN 9780520069831. 

Outros artigos editar