Eugenio Espinosa de los Monteros

[[enuso}} Eugenio Espinosa de los Monteros e Bermejillo, nado en Madrid o 28 de outubro de 1880[1] e finado na mesma cidade o 16 de febreiro de 1954, foi un militar e diplomático español. Oficial de Estado Maior, chegou a dirixir a Escola Superior de Guerra de Madrid en varias ocasións. Tras o golpe de estado e o posterior estalido da Guerra civil española fuxiu á zona sublevada, onde ocupou diversos postos políticos e militares. As forzas ao seu mando foron as primeiras en entrar en Madrid, ao final da contenda. Durante a Segunda Guerra Mundial foi embaixador en Alemaña, cargo que ocupou entre 1940 e 1941.[2]

Infotaula de personaEugenio Espinosa de los Monteros

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Eugenio Espinosa de los Monteros y Bermejillo Editar o valor em Wikidata
28 de outubro de 1880 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de febreiro de 1953 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Capitán Xeneral da VI Rexión Militar
23 de xaneiro de 1942 – 23 de xuño de 1942
← José López-Pinto Berizo (en) TraducirJoaquín García Pallasar (en) Traducir →
Capitán Xeneral das Illas Baleares
18 de outubro de 1941 – 25 de xaneiro de 1942
← Juan Bautista Sánchez González (en) TraducirJuan Bautista Sánchez González (en) Traducir →
Spanish ambassador to the German Reich (en) Traducir
xullo de 1940 – setembro de 1941
← Antonio Magaz (en) TraducirJosé Finat y Escrivá de Romaní →
Capitán Xeneral da VIII Rexión Militar
20 de outubro de 1939 – 18 de xullo de 1940
← Enrique Cánovas Lacruz (en) TraducirLuis Soláns Labedán (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaría del Carmen Dato Barrenechea (1904–1938)
PaiCarlos Espinosa de los Monteros y Sagaseta de Ilurdoz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsFernando Espinosa de los Monteros y Bermejillo (pt) Traducir e Carlos Espinosa de los Monteros y Bermejillo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesEduardo Dato Iradier (sogro)
Carlos Espinosa de los Monteros y Bernaldo de Quirós (en) Traducir (sobriño neto)
Iván Espinosa de los Monteros () Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria

editar

Primeiros anos e carreira militar

editar

Naceu no seo dunha familia de tradición miliitar pois era fillo do militar e embaixador Carlos Espinosa de los Monteros e Sagaseta de Ilurdoz e da aristócrata María de los Dolores Bermejillo e García-Menocal e foi o irmán menor de Carlos Espinosa de los Monteros e Bermejillo

Durante a súa mocidade viviu e estudou en Viena, onde o seu pai estivo destinado como agregado militar[3] e alí aprendeu alemán.[3] En 1894 ingresou na Academia de Infantaría, da que saíu licenciado con 15 anos; partiu xunto co seu irmán maior Carlos cara a Cuba, onde participaron en diversos combates e nos que que conseguiron diversos recoñecementos ao seu valor. Realizou estudos de Estado Maior, pasando a formar parte do Corpo de Estado Maior.[4]

Posteriormente, foi nomeado xentilhome de cámara con exercicio do rei Alfonso XIII.[5]

 
Eugenio Espinosa de los Monteros en 1904, o día da súa voda con María del Carmen Dato e Barrenechea, filla do político Eduardo Dato.

En novembro de 1904, contraeu matrimonio en Madrid na capela do asilo do Corazón de Jesús con María del Carmen Dato e Barrenechea, 3ª duquesa de Dato, unha das fillas do varias veces presidente do Consello de Ministros Eduardo Dato, con quen tivo descendencia.

Chegou a ser secretario e conselleiro da Compañía dos Ferrocarrís de Madrid a Zaragoza e Alacant (MZA).

Despois da proclamación da Segunda República, ascendeu ao rango de xeneral de brigada o 5 de marzo de 1934.[6] Foi xefe do Estado Maior da III Inspección do Exército. O 13 de xuño de 1935 foi nomeado xefe da Escola Superior de Guerra, cargo que seguía ocupando até o comezo da Guerra civil.

Guerra civil e represión no Madrid da posguerra

editar

Ao producirse o golpe de xullo de 1936 atopábase en Madrid e refuxiouse na Embaixada de Francia, de onde conseguiu ser evacuado e se trasladou á zona sublevada onde ostentou diversos cargos. Así, no primeiro goberno de Franco, o 8 de febreiro de 1938, foi nomeado subsecretario de Asuntos Exteriores onde estaba ás ordes do xeneral Francisco Gómez-Jordana. Por mor do seu posto como subsecretario ocupou un posto na Xunta de Relacións Culturais do Ministerio. Liderou xunto con Joaquín Rodríguez de Gortázar a comitiva española que acudiu ao Congreso de Núremberg na Alemaña nazi de 1938.[7]

En febreiro de 1939 foi nomeado comandante do I Corpo de Exército franquista,[15] cuxas forzas asediaban a capital de España, e ao mes seguinte cesou como subsecretario de Exteriores. Coincidindo co final da contenda, o 29 de marzo dese ano as súas tropas foron as primeiras que ocuparon Madrid. Posteriormente desempeñou os cargos de gobernador militar de Madrid e de director da Escola Superior de Guerra. O 11 de outubro de 1939 foi nomeado xefe da VIII Rexión Militar, con sede na Coruña.

Entre abril e agosto de 1939, como comandante do I Corpo de Exército franquista e primeiro gobernador militar, organizou a represión e numerosos fusilamentos en Madrid. Non hai probas de que interviñese na condena á morte das 13 rosas, que fora ditaminada polo Consello Permanente de Guerra número 9, o 3 de agosto de 1939, dous días antes do fusilamento. Este tribunal militar estaba formado polo coronel de infantaría Cerdeño Gurdich como presidente do consello de guerra, polos capitáns Sigüenza Prata e Ruiz Feingenspan e o tenente Sarte Julia como vogais e polo capitán García Marco como vogal relator.

Embaixador en Alemaña

editar
 
Comitiva española en Berlín, 1940. Xunto a Serrano Suñer e Himmler aparece Espinosa de los Monteros (segundo pola dereita).

En xullo de 1940 foi nomeado embaixador de España na Alemaña nazi, en virtude ás súas simpatías pronazis xa que falaba alemán.[8] Espinosa de los Monteros substituía no cargo ao almirante Antonio Magaz, que chegara a manter algunha aversión cara ao nazismo.[9] No entanto, desde moi pronto empezou a haber conflitos. Cando en setembro Ramón Serrano Suñer foi en viaxe oficial a Berlín, nin sequera reuniuse con Espinosa de los Monteros e mantívoo afastado mentres tiveron lugar os encontros cos funcionarios nazis.[10] Uns meses despois, en novembro, volvería repetirse esta situación.[11] Os propios diplomáticos alemáns tampouco mostraron moito interese en reunirse con Espinosa de los Monteros.[10]

En decembro de 1940 Espinosa de los Monteros tentou dimitir como embaixador, sen éxito.[12] Polo seu cargo como embaixador en Alemaña, formou parte do séquito que acompañou a Franco a Hendaia en ocasión da súa entrevista con Hitler en outubro de 1940, aínda que non estivo presente nas conversacións entre ambos os mandatarios. Segundo as memorias de Heinz Linge, xefe de protocolo e axudante persoal de Adolf Hitler, foi Espinosa de los Monteros quen, pese ao inicial interese de Francisco Franco por entrar na Segunda Guerra Mundial, desaconsellou a proposta, gañándose con iso a inimizade do réxime nazi. Con todo, debido ás fortes desavinzas con Serrano Suñer, a mediados de 1941 acabaría sendo substituído como embaixador por José Finat.

Carreira posterior

editar

O 13 de agosto de 1941, foi nomeado capitán xeral de Baleares e, posteriormente, en xaneiro de 1942, capitán xeneral de VI Rexión Militar, con sede en Burgos. Rumoreouse entón que estaba implicado nunha conspiración golpista contra Franco.[13] A finais de marzo o xeneral Espinosa de los Monteros, durante a súa toma de posesión da capitanía xeral de Burgos lanzou unha dura crítica contra Serrano Suñer —aínda que sen nomealo directamente— ao rememorar a súa etapa de embaixador de España en Berlín:

Se inició para mí un período lleno de amargura, provocada por la deslealtad y la ambición sin límites de quien, siendo mi superior jerárquico, procuraba en todo momento asfixiarme en el ambiente maquiavélico que constituye la norma de sus actividades.

O xeneral Franco reaccionou destituíndo fulminantemente a Espinosa de los Monteros, aínda que para compensar —«seguindo a norma que adoptaba sempre que se producían conflitos no seo do bloque hexemónico, a saber, castigando aos dous bandos en liza»— tamén destituíu ao secretario de Serrano Suñer e entón xefe do Servizo Exterior de Falange, Ximénez de Sandoval. Espinosa de los Monteros non volveu ocupar ningún posto durante os seguintes anos.

Entre o 11 de outubro de 1945 até o 29 de outubro de 1946, Espinosa de los Monteros formoh parte do Consello Supremo de Xustiza Militar (CSJM), data en que pasou á reserva por cumprir a idade regulamentaria.

Faleceu en Madrid o 16 de febreiro de 1954.[nota 1]

  1. Malia que algunhas fontes sinalan que faleceu no 1953.
Referencias
  1. Núñez Calvo, 2004, p. 292
  2. Bringmann 2001, p. 398.
  3. 3,0 3,1 Bowen 2000, p. 88.
  4. Cabanellas 1975, p. 1200.
  5. de Atienza & de Cadenas 1963, p. 5.
  6. Merino 1985, p. 272.
  7. Bowen 2009, p. 264.
  8. Bowen 2006, p. 29.
  9. Payne 1987, p. 270.
  10. 10,0 10,1 Bowen 2006, p. 34.
  11. Bowen 2006, p. 37.
  12. Payne 2008, p. 106.
  13. Preston 1995, p. 92.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Bringmann, Tobias C. (2001). Handbuch der Diplomatie 1815-1963 Auswärtige Missionschefs in Deutschland und deutsche Missionschefs im Ausland von Metternich bis Adenauer. K.G. Saur Verlag. ISBN 3-598-11431-1. 
  • Bowen, Wayne H. (2000). Spaniards and Nazi Germany: Collaboration in the New Order (en inglés). Columbia, Mi: University of Missouri Press. ISBN 9780826262820. 
  • Bowen, Wayne H. (2006). Spain During World War II (en inglés). Columbia, Mi: University of Missouri Press. ISBN 9780826265159. 
  • Bowen, Wayne H. (2009). "Spanish Pilgrimages to Hitler's Germany: Emissaries of the New Order". The Historian (en inglés) 71 (258-279.): 2. ISSN 0018-2370. doi:10.1111/j.1540-6563.2009.00237.x. 
  • Cabanellas, Guillermo (1975). La guerra de los mil días: nacimiento, vida y muerte de la II República Española (en castelán). Bos Aires: Editorial Heliasta. 
  • Atienza y Navajas, Julio de (1963). Grandezas y títulos del reino concedidos por S. M. el rey Alfonso XIII. (en castelán). Madrid: Editorial Hidalguía. 
  • Delgado Gómez-Escalonilla, Lorenzo (2012). Imperio de papel: Acción cultural y política exterior durante el primer franquismo (en castelán). Madrid: CSIC. ISBN 978-8400072438. 
  • Escudero, María A. (1994). El Instituto de Cultura Hispánica (en castelán). Madrid: Editorial Mapfre. ISBN 84-7100-649-9. 
  • García Pérez, Rafael (1994). Franquismo y Tercer Reích. Las relaciones económicas hispano-alemanas durante la Segunda Guerra Mundial. Colección Estudios Políticos, 44 (en castelán). Madrid: Centro de Estudios Constitucionales. ISBN 9788425909610. 
  • Heine, Hartmut (1983). La oposición política al franquismo. De 1939 a 1952. (en castelán). Barcelona: Crítica. ISBN 84-7423-198-1. 
  • López-Morell, Miguel Ángel (2005). La Casa Rothschild en España (1812-1941) (en castelán). Madrid: Marcial Pons. ISBN 84-95379-84-8. 
  • Matthäus, Jürgen; Bajohr, Frank (2015). The Political Diary of Alfred Rosenberg and the Onset of the Holocaust (en inglés). Lanham, MD: Rowman & Littlefield. ISBN 9781442251687. 
  • Merino, Julio (1985). La tragedia de los generales españoles, 1936 (en castelán). Barcelona: Plaza y Janés. ISBN 978-8401801228. 
  • Montoliú, Pedro (2005). Madrid en la posguerra, 1939-1946: Los años de la represión (en castelán). Madrid: Sílex. ISBN 84-7737-159-8. 
  • Núñez Calvo, Jesús Narciso (2004). General Varela. Diario de Operaciones, 1936-1939 (en castelán). Madrid: Almena Ediciones. ISBN 9788496170094. 
  • Ortiz Villalba, Juan (2005). "La persecución de la masonería". En Ortiz Villalba, Juan (coordinador). La Masonería y su persecución en España (en castelán). Sevilla: Ayuntamiento de Sevilla, Patronato del Real Alcázar. pp. 125–246. ISBN 84-95724-97-9. 
  • Payne, Stanley G. (1987). The Franco Regime, 1936–1975 (en inglés). Madison: The University of Wisconsin Press. ISBN 0-299-11070-2. 
  • Payne, Stanely G. (2008). Franco and Hitler. Spain, Germany, and World War II (en inglés). New Haven / Londres: Yale University Press. ISBN 978-0-300-12282-4. 
  • Pike, David W. (2011). France Divided: The French and the Civil War in Spain (en inglés). Sussex: Sussex Academic Press. ISBN 9781845194901. 
  • Preston, Paul (1995 [1990]). The Politics of Revenge: Fascism and the Military in 20th-century Spain (en inglés). Londres: Routledge. ISBN 9780415120005. 
  • Thomas, Hugh (1976). Historia de la Guerra Civil Española (en castelán). Barcelona: Círculo de Lectores. ISBN 84-226-0874-X. 
  • Tusell, Javier; Queipo de Llano, Genoveva G. (decembro 1986). "El enfrentamiento Serrano Súñer-Eugenio Espinosa de los Monteros: el ministro de Exteriores, los militares y la entrada en la guerra mundial". Historia 16 (en castelán) (Madrid) (128): 29–38. ISSN 0210-6353.