Eudosia Lorenzo Diz

mestra galega

Eudosia Lorenzo Diz, nada en Fradalvite (Lobeira) o 14 de agosto de 1917 e finada no Departamento de Reunión o 16 de decembro de 2004, foi unha mestra galega.

Eudosia Lorenzo Diz
Nacemento14 de agosto de 1917
Lugar de nacementoFradalvite
Falecemento16 de decembro de 2004
Lugar de falecementoReunión
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestra
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Filla de Agustín Lorenzo Puga e Basilisa Diz González. Dende 1923 foi á escola da aldea de Chaos de Limia. Ingresou na Normal de Ourense en 1931 e rematou a carreira de mestre en 1935. Exerceu como mestra en San Xes de Vilariño. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse o 20 xullo nas terras de Castro Laboreiro coa súa familia. Dous anos despois, o 29 de xullo de 1938, fuxiron para evitar ser executados polos falanxistas. Foi expulsada de Portugal o 10 de agosto. Estivo exiliada en Marrocos mais de 25 anos, onde casou cun francés en xuño de 1943.

En 1965 a familia emigrou a Aix-en-Provence, preto de Marsella. Despois da morte do seu home en 1992, continuou a vida cos fillos en Grenoble e Alfortville (París) e posteriormente no departamento de Reunión onde morreu en decembro de 2004. En 1999 foi reintegrada no maxisterio.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Morais, Carlos; Féron Lorenzo, Paul (2020). Eudosia Lorenzo Diz, a jovem mestra do Val do Límia. Umha aproximaçom biográfica. Comité pola Memória Histórica do Val do Límia. 

Ligazóns externas editar