A estomatina, tamén chamada proteína integral de membrana do eritrocito humano banda 7 é unha proteína que está codificada en humanos no xene STOM do cromosoma 9.[1][2]

Estomatina
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
Nomenclatura
SímbolosSTOM (HGNC: 3383) STOM, BND7, EPB7, EPB72, estomatina (stomatin)
Identificadores
externos
LocusCr. 9 q32.3
Padrón de expresión de ARNm
Máis información
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
2040 13830
Ensembl
Véxase HS Véxase MM
UniProt
P27105 P54116
RefSeq
(ARNm)
NM_001270526 NM_013515
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_001257455 NP_038543
Localización (UCSC)
Cr. 9:
121.34 – 121.37 Mb
Cr. 2:
35.2 – 35.23 Mb
PubMed (Busca)
2040


13830

Importancia clínica editar

A estomatina é unha proteína integral de membrana de 31 kDa que recibiu o seu nome pola rara anemia hemolítica humana hereditria chamada estomatocitose, coa cal se relacionou, aínda que en ratos knockout para esta proteína non se atopou que houbese esta relación.[3] Este xene codifica un membro dunha familia altamente conservada de proteínas integrais de membrana. A proteína codificada localízase na membrana celular dos eritrocitos e outros tipos de células, onde pode regular canles iónicas e transportadores. Existen variantes de empalme desta proteína e un pseudoxene do seu xene no cromosoma 6.[2] Pode ser fosforilada por unha proteína quinase dependente do AMPc.[4]

Función editar

Malia que a ampla distribución da estomatina e a súa expresión constitutiva suxire un importante papel para esta proteína na bioloxía celular, onde quizais é un compoñente de "mantemento" (“house-keeping”), a súa función exacta está aínda sen determinar. A presenza masiva da estomatina en pregamentos de membrana que fan protrusión e extensións suxire un posible papel estrutural na formación destas estruturas ou no ancoraxe da actina do citoesqueleto. Tamén se suxeriu que regula o transporte na membrana.[5][2]

Notas editar

  1. Hiebl-Dirschmied CM, Entler B, Glotzmann C, Maurer-Fogy I, Stratowa C, Prohaska R (outubro de 1991). "Cloning and nucleotide sequence of cDNA encoding human erythrocyte band 7 integral membrane protein". Biochim Biophys Acta 1090 (1): 123–4. PMID 1883838. doi:10.1016/0167-4781(91)90047-P. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Entrez Gene: STOM stomatin". 
  3. Zhu, Y., Paszty, C., Turetsky, T., Tsai, S., Kuypers, F. A., Lee, G., Cooper, P., Gallagher, P. G., Stevens, M. E., Rubin, E., Mohandas, N., Mentzer, W. C. Stomatocytosis is absent in 'stomatin'-deficient murine red blood cells. Blood 93: 2404-2410, 1999.[PubMed: 10090952].
  4. OMIM stomatin - STOM.
  5. UniProt stomatin

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar

  • Relación de toda a información estrutural dispoñible en PDB para UniProt: P54116 (Mouse Erythrocyte band 7 integral membrane protein) en PDBe-KB.


Este artigo incorpora textos da Biblioteca Nacional de Medicina dos Estados Unidos, que están en dominio público.