A chamada estepa mamut ou estepa dos mamuts foi o bioma máis común do planeta Terra durante o Último Máximo Glacial (hai uns 20.000 anos), estendéndose desde a Península Ibérica até o norte de Norte América, actual Canadá, por toda Eurasia e dende o Ártico até o sur da China.[1] [2] Caracterizábase por un clima frío e seco.[3] A flora estaba dominada por herbas e arbustos (Artemisia, Cyperaceae, etc.)[4] con manchas de bidueiro anano e alerce, e a fauna por bisontes, cabalos e mamuts (véxase a megafauna do Plistoceno) [3] da que toma o nome o bioma [5] [6] Este ecosistema, que ocupaba grandes áreas no norte do globo, durou uns 100.000 anos antes de desaparecer hai uns 12.000 anos.[3]

A meseta de Ukok, Siberia, vestixio actual das estepas mamuts.

Vestixios editar

 
A Reserva da Biosfera Oco de Ubsunur, na fronteira entre Mongolia e a República de Tuva, outro vestixio das estepas mamuts.

Durante o Holoceno, as especies adaptadas ao medio árido extinguíronse ou reduciron moito o seu hábitat.[3] O clima frío e seco do Último Máximo Glacial persiste hoxe na rexión do extremo oriental entre os montes Saian e os montes Altai (Eurasia central).[7] [8] Os paleobiomas reconstruídos recentemente, [9] xunto co estudo dos poles, [10] [11] [12] suxeriron que as áreas de Altai-Saian poden considerarse como un vestixio eficaz das estepas mamuts cuxo medio permanece inalterado desde 40 000 anos, constituíndose como unha "Reserva do Último Máximo Glacial". A rexión, tanto no Plistoceno como hoxe, soporta a supervivencia de grandes herbívoros e carnívoros nun contexto de estepa, deserto e montañas non intercalados con bosques. Ningunha das especies de mamíferos do Plistoceno sobrevive en bosques temperados, taiga ou tundra. A meseta de Ukok no sur de Altai e o lago Har-Us nuur no oeste de Mongolia conservaron tanto renos como saiga tatarica da Idade do Xeo.

Notas editar

  1. Guthrie, R. Dale (1936). Frozen fauna of the Mammoth Steppe : the story of Blue Babe. ISBN 978-0-226-15971-3. 
  2. Sher, A.V., 1997. Nature restructuring in the East-Siberian Arctic at the Pleistocene Holocene boundary and its role in mammal extinction and emerging of modern ecosystems. Earth Cryosphere 1 (3e11), 21e29.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Guthrie, R.D., Origin and causes of the mammoth steppe: a story of cloud cover, woolly mammal tooth pits, buckles, and inside-out Beringia, Quaternary Science Reviews 20 (2001) 549-574
  4. Guthrie, R. Dale (Russell Dale) (1990). Frozen fauna of the Mammoth Steppe : the story of Blue Babe. Chicago : University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-31122-7. 
  5. Guthrie, R. Dale: Mammals of the mammoth steppe as paleoenvironmental indicators. In: Hopkins, D.M., Schweger, C.E., Young, S.B. (ed.): Paleoecology of Beringia. Academic Press, New York 1982, pp. 307–329.
  6. Blinnikov, Mikhail S., Gaglioti, Benjamin, Walker, Donald A., Wooller, Matthew J., Zazula, Grant D.: Pleistocene graminoid-dominated ecosystems in the Arctic. In: Quaternary Science Reviews, 30 (October 2011) pp. 2906–2929, doi 10.1016/j.quascirev.2011.07.002
  7. Frenzel B, Pécsi M, Velichko AA (1992) Atlas of paleoclimates and paleoenvironments of the Northern Hemisphere. JenaNew York: Geographical Research Institute, Hungarian Academy of Sciences Budapest and Gustav Fischer Verlag Stuttgart. 153 p
  8. Agadjanian AK, Serdyuk NV (2005) The history of mammalian communities and paleogeography of the Altai Mountains in the Paleolithic. Paleontological Journal 39: 645–821.
  9. Tarasov PE, Guiot J, Cheddadi R, Andreev AA, Bezusko LG, et al. (1999) Climate in northern Eurasia 6000 years ago reconstructed from pollen data. Earth Planet Sci Lett 171: 635–645. doi: 10.1016/s0012-821x(99)00171-5
  10. Jankovská V, Pokorný P (2008) Forest vegetation of the last full-glacial period in the Western Carpathians (Slovakia and Czech Republic). Preslia 80: 307–324.
  11. Kuneš P, Pelánková B, Chytrý M, Jankovská V, Pokorný P, et al. (2008) Interpretation of the last-glacial vegetation of eastern-central Europe using modern analogues from southern Siberia. J Biogeogr 35: 2223–2236. doi: 10.1111/j.1365-2699.2008.01974.x
  12. Pelánková B, Chytrý M (2009) Surface pollen-vegetation relationships in the forest-steppe, taiga and tundra landscapes of the Russian Altai Mountains. Rev Palaeobot Palyno 157: 253–265. doi: 10.1016/j.revpalbo.2009.05.005

Véxase tamén editar