Estado de Sokoto
Coordenadas: 13°05′N 5°15′L / 13.083, -5.250
Sokoto é un dos estados nos que se divide a República Federal de Nixeria, con capital a cidade de Sokoto.
Posúe unha superficie de 25.973 quilómetros cadrados e limita polo norte e noroeste coa República de Níxer, polo leste e sur co estado de Zamfara e polo oeste e suroeste co estado de Kebi.
Segundo o censo do ano 2007, contaba cunha poboación de 4 381 970 persoas, o que dá unha densidade demográfica de 168,7 habitantes por quilómetro cadrado.
As dúas etnias maioritarias do estado son os hausa e os fulani. No relixioso, predominan amplamente os musulmáns.
O estado foi creado en 1967 co nome de "North-Western State". Posteriormente, o seu territorio foi sufrindo numerosas modificacións a causa da creación de novos estados. Así, en 1976 cedeu territorios para a creación do estado de Níxer e en 1991 para a creación do estado de Kebbi. Finalmente, en 1996 unha porción de Sokoto foi cedida para a creación do estado de Zamfara.
O estado é eminentemente agrícola e estímase que o 90% da poboación traballa en actividades ligadas á agricultura. Os principais cultivos son: millo, arroz, cacahuete, cana de azucre e tabaco. Tamén son importantes os vexetais, destacándose o cultivo de manga, laranxa, plátanos, papaia, leituga e espinaca.[1]
Áreas de goberno localEditar
Este estado subdivídese internamente nun total de 23 áreas de goberno local, a saber:
|
NotasEditar
- ↑ "NGEX. Information about Sokoto State" Arquivado 03 de novembro de 2011 en Wayback Machine. Ngex.com (en inglés)