Estado de Níxer

Níxer é o maior estado da Nixeria, no occidente da República, creado o 3 de febreiro de 1976. A súa capital é a cidade de Minna. No 2005 tiña unha poboación estimada de 4 082 558 habitantes, nunha área de 76 363 km². Outras cidades relevantes son Bida, Kontagora, e Suleja. Formouse en 1976 cando daquelas o estado do Norte-Occidental se dividiu neste estado de Níxer e no estado de Sokoto.

Situación de Níxer dentro de Nixeria.

O nome do estado débese ao río Níxer. Dous dos maiores saltos hidroeléctricos da Nixeria, a presa de Kainji e a de Shiroro, atópanse nesta zona; como tamén o Parque Nacional de Kainji, o maior parque nacional da Nixeria, onde se acha o Lago Kainji.

Como a maioría dos estados nixerianos, está gobernado por un gobernador e unha asemblea. Baixo a administración de Mu'azu Babangida Aliyu, o 13 de xaneiro de 2007, o estado adoptou a xaria.

Áreas de goberno localEditar

Pode subdividirse en 25 áreas de goberno local.

  • Agaie
  • Agwara
  • Bida
  • Borgu
  • Bosso
  • Chanchaga
  • Edati
  • Gbako
  • Gurara
  • Katcha
  • Kontagora
  • Lapai
  • Lavun
  • Magama
  • Mariga
  • Mashegu
  • Mokwa
  • Munya
  • Paikoro
  • Rafi
  • Rijau
  • Shiroro
  • Suleja
  • Tafa
  • Wushishi

Véxase taménEditar