Estadio Wankdorf
O estadio Wankdorf (en alemán: Wankdorfstadion) foi un estadio de fútbol que estaba situado no barrio de Wankdorf, en Berna, Suíza. Xogaba nel como local o BSC Young Boys. Foi construído en 1925 e acolleu importantes partidos internacionais, como as finais do Mundial de 1954, da Copa de Europa 1960-61 e da Recopa de Europa 1988/89.
Estadio Wankdorf | |
---|---|
![]() O estadio durante a súa demolición en 2001. | |
Datos | |
Coordenadas | 46°57′46″N 7°27′54″L / 46.962778, 7.465Coordenadas: 46°57′46″N 7°27′54″L / 46.962778, 7.465 |
Localización | Berna |
Construción | |
Inauguración | 18 de outubro de 1925 |
Demolición | 3 de agosto de 2001 |
Estadio | |
Superficie | herba |
Capacidade | 22 000-64 000 espectadores |
Localía | BSC Young Boys (1925-2001) |
Eventos | |
Mundial de 1954 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O estadio foi demolido en 2001, e substituído en 2005 polo Stade de Suisse (hoxe chamado Stadion Wankdorf), situado no mesmo lugar.
Historia
editarO estadio Wankdorf orixinal foi inaugurado en 1925 despois dun período de sete meses de obras. Tiña unha capacidade de 22.000 espectadores e o primeiro partido internacional que albergou celebrouse o 8 de novembro de 1925. 18.000 espectadores presenciaron aquel día a vitoria por 2-0 da selección suíza sobre Austria.
De 1933 a 1939, o estadio foi gradualmente ampliado, engadíndoselle un campo de adestramento adicional e, finalmente, construíndose novas bancadas para aumentar a capacidade ata os 42.000 espectadores. Para a Copa do Mundo de 1954, o estadio foi demolido e pouco antes de comezar o torneo inaugurouse un novo con capacidade para 64.000 espectadores. O 4 de xullo de 1954 disputouse nel a histórica final coñecida como a "Milagre de Berna", a inesperada vitoria por 3-2 da selección alemá sobre o equipo húngaro, converténdose o estadio nunha icona da historia do fútbol.[1][2]
Albergou dúas grandes finais máis. A primeira delas foi a final da edición 1960/61 da Copa de Europa entre o Benfica e o FC Barcelona, na que saíu vitorioso o equipo portugués por 3-2. En 1989, o estadio foi a sede da final da Recopa de Europa, na que o Barcelona derrotou por 2-0 á Sampdoria.
O último partido no estadio xogouse o 7 de xullo de 2001. Nel, o Young Boys empatou 1–1 contra o FC Lugano.
A continuación o estadio foi demolido e no verán de 2005 inaugurouse no seu lugar o novo Stade de Suisse.
Mundial de Fútbol de 1954
editarO estadio Wankdorf acolleu cinco partidos do Mundial de Fútbol de 1954, incluída a final.
Data | Hora (UTC+1) |
Equipo 1 | Res. | Equipo 2 | Redondo | Asistencia |
---|---|---|---|---|---|---|
16 de xuño de 1954 | 18:00 | Uruguai | 2–0 | Checoslovaquia | Grupo 3 | 20.500 |
17 de xuño de 1954 | 18:00 | Alemaña Occidental | 4–1 | Turquía | Grupo 2 | 28.000 |
20 de xuño de 1954 | 17:10 | Inglaterra | 2–0 | Suíza | Grupo 4 | 43.119 |
27 de xuño de 1954 | 17:00 | Hungría | 4–2 | Brasil | Cuartos de final | 40.000 |
4 de xullo de 1954 | 17:00 | Alemaña Occidental | 3–2 | Hungría | Final | 62.500 |
Notas
editar- ↑ "Alemania conquista el Campeonato Mundial de Fútbol". El Correo Gallego (en castelán) (25119). 6 de xullo de 1954. p. 5. Consultado o 10 de marzo de 2022.
- ↑ "Alemania histórica: La Mannschaft y el Milagro de Berna" (en castelán). Consultado o 10 de marzo de 2022.