Estación do Irixo
O Irixo é unha estación de tren de Adif situada na vila do Irixo, provincia de Ourense. Conta con servizos de media distancia operados por Renfe.
Estación do Irixo | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | estación de ferrocarril ![]() | |||
Epónimo | O Irixo ![]() | |||
Uso(s) | en funcionamento ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Ourense | |||
Concello | O Irixo | |||
Parroquia | Campo ![]() | |||
Transporte | ||||
Código de estación ferroviaria | 31306 ![]() | |||
Liña de tren | liña Zamora - A Coruña ![]() | |||
Servizo de conexión | Rexional, Renfe ![]() | |||
Media distancia | Rexional | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario | Adif ![]() | |||
Operador | Renfe Operadora ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Situación ferroviaria
editarA estación atópase no punto quilométrico 298,0 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 549 metros de altitude, entre as estacións do Carballiño e Lalín.[1] O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia
editarA estación foi inaugurada o 8 de setembro de 1958 coa posta en marcha do tramo O Carballiño-Santiago de Compostela da liña férrea que pretendía unir Zamora coa Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe, que naceu en 1941.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación
editarAtópase ao sur do Irixo. Seguindo a liña arquitectónica das estacións deste tramo da liña o edificio para viaxeiros é unha construción en pedra, de planta irregular e dúas alturas con cheminea lateral e tellado de tella de varias vertentes. Dous soportais apoiados en arcos rebaixados adornan as dúas fachadas da estación. Conta con dúas plataformas, unha lateral e outra central, ás que acceden tres vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.
Servizos ferroviarios
editarMedia distancia
editarActualizado a 20 de xuño de 2016.
Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
2 | MD | Santiago de Compostela | <> | Ourense-San Francisco |
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ Carballiño (Est.) Euroferroviarios
- ↑ Ourense a Santiago de Compostela Arquivado 31 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway