Estación de Olite
A estación de Olite-Erriberri é unha estación de tren de Adif situada no municipio español de Olite, en Navarra. Dispón unicamente de servizos de Media Distancia operados por Renfe.
Olite / Erriberri | |
---|---|
Situación | Olite (Navarra) |
Servizos | |
Liñas | |
Media distancia | Rexional Exprés |
Situación ferroviaria
editarA estación atópase no punto quilométrico 133,4 da liña de ferrocarril que une Castejón con Altsasu, as dúas localidades en Navarra, a 385 metros de altitude.[1]
Historia
editarA estación foi aberta ao tráfico o 15 de setembro de 1860 coa apertura do tramo Caparroso-Pamplona da liña férrea que pretendía unir Zaragoza con Navarra por parte da Compañía do Ferrocarril de Zaragoza a Pamplona.[2] Esta última non tardaría en unirse coa compañía do ferrocarril de Zaragoza a Barcelona dando lugar á compañía dos Ferrocarrís de Zaragoza a Pamplona e Barcelona.[3] O 1 de abril de 1878 a súa mala situación económica forzouna a aceptar unha fusión con Norte.[3] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a integración de Norte na recentemente creada Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación
editarSitúase ao leste do núcleo urbano. O edificio para viaxeiros nunha ampla estrutura realizada con ladrillo de base rectangular, dúas alturas e tellado en pico de varias vertentes. Os seus vans, sete portas e sete xanelas en ambas as fachadas están decorados con arcos de medio punto. Ten dúas plataformas, unha lateral e outra central á que acceden dúas vías. No exterior existe un aparcadoiro habilitado.
Servizos ferroviarios
editarMedia Distancia
editarLiña MD | Trens | Orixe/Destino | Destino/Orixe | |
---|---|---|---|---|
26 | Rexional | Zaragoza-Delicias | Pamplona-Iruña | |
26 | Rexional | Castejón de Ebro | Vitoria-Gasteiz |
Notas
editar- ↑ "Rede ferroviaria española" (PDF). Ministerio de Fomento. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 10 de maio de 2013.
- ↑ Memoria de FZP páxina 3, froito da Xunta Xeral de Accionistas celebrada o 8 de xuño de 1861.
- ↑ 3,0 3,1 Zaragoza á Pamplona y Alsasua spanishrailway