Estación da Pousa-Crecente

(Redirección desde «Estación da Pousa - Crecente»)

A Pousa-Crecente é un apeadoiro ferroviario de Adif situado no lugar da Pousa, no concello de Crecente, provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

A Pousa-Crecente
SituaciónCrecente
Liñas
Media distanciaIntercity, Rexional Exprés

Situación ferroviaria

editar

A estación atópase no punto quilométrico 100 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 58 metros de altitude, entre as estacións da Frieira e Arbo.[1] O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia

editar

A estación foi inaugurada o 18 de xuño de 1881 coa aperta do tramo Ourense-Arbo da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.[2] En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Servizos ferroviarios

editar

Media distancia

editar

Actualizado a 23 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar
6 Rexional Exprés León
Ponferrada
Ourense-Empalme
<> Vigo-Guixar
  1. Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. 2,0 2,1 "Medina del Campo á Zamora y Orense á Vigo". spanishrailways.net (en castelán). 5 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2012. Consultado o 23 de xuño de 2016. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar